ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Boqueixón investirá case 65.000 euros na mellora dos accesos a Mareque e Noenlle

O alcalde Ovidio Rodeiro supervisou o inicio das obras xunto a técnicos da empresa adxudicataria

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2023 a las 11:56

Compartir

Boqueixón, 17 de novembro de 2023.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, supervisou o inicio das obras do “Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024”, nas que o Concello de Boqueixón vai investir un total de 64.973,37 euros. “Unha actuación que suporá unha mellora significativa dos accesos ás localidades de Mareque e Noenlle, na parroquia de Sergude, onde imos reparar as pistas e aglomeralas en quente para mellorar a seguridade viaria”, explica o alcalde boqueixanés.

Ovidio Rodeiro desprazouse ata o lugar das obras con técnicos da empresa adxudicataria, Construcciones Ponciano Nieto SL, que conta cun prazo máximo de seis meses para rematar os traballos. En ambos os dous casos, as obras consistirán na reparación de fochancas e perfilado de mordentes de ambas as dúas pistas, sobre as que se aplicará un aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor.

A maiores, en Mareque realizarase a canalización das augas pluviais nas marxes da estrada. Para iso instalaranse 275 metros de tubaxe, sobre as que se executará unha capa de 15 centímetros de formigón e 11 arquetas sumidoiro. No caso dos accesos a Noenlle, o proxecto inclúe tamén a colocación de dúas barreiras de seguridade de catro metros, así como a sinalización horizontal da estrada, co pintado de liñas de bordo e sinais.

Etiquetas

boqueixonobras
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Comarca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca
Actualidad

Os socialistas composteláns denuncian a paralización das obras da rúa García Lorca