ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Boqueixón celebra a declaración da Festa da Filloa de Lestedo como de Interese Turístico Nacional

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de abril de 2024 a las 20:13

Compartir

 

 

Boqueixón, 22 de abril de 2024.- O Centro de Interpretación do Pico Sacro (Cachosenande – Lestedo – Boqueixón) acolleu hoxe un almorzo con motivo da presentación da declaración da Festa da Filloa de Lestedo como Festa de Interese Turístico Nacional. A él asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López; o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal Vázquez.

Ovidio Rodeiro Tato subliñou a colaboración entre as diferentes institución para acadar esta declaración de Festa de Interese Turístico Nacional a Festa da Fillo e quixo poñer en valor todo o que elo supón: “quero poñer en valor o traballo que fan os homes e mulleres de Lestedo. As filloeiras e filloeiros que lograron co seu traballo e esforzo durante máis de corenta anos facendo filloas este recoñecemento”. O alcalde agradeceu “ a colaboración intensa dos últimos anos da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Turismo a hora de lograr esta declaración de Interese Turístico Nacional que da a Secretaria de Estado e Turismo”. Así deu as grazas o delegado de goberno e a subdelegada que se achegaran esta mañá ata Boqueixón para por en valor a Festa de Lestedo.

Como explicou o alcalde de Boqueixón este recoñecemento “ é un revulsivo para as empresas de Boqueixón porque non só empezan a comercializar as súas filloas de Lestedo, pois tamén están sendo convidadas a participar en diferentes eventos, ao que hai que sumar que os restaurantes da zona serven todo o ano estas filloas é serán un reclamo turístico máis ao pé do Pico Sacro”.

Pola súa parte, José Manuel Canabal Vázquez amosou a súa satisfacción ante “un mérito que é dos veciños e veciñas de Lestedo” e lembrou que “máis de 250 persoas traballan todo o ano neste festexo”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Durante o acto de presentación, dúas filloeiras estiveron elaborando filloas no centro de interpretación para a súa degustación canda outras elaboracións xa preparadas con recheos doces e salgados. Unha das filloeiras Isabel Tejo puxo de manifesto “a alegría de todo o pobo de Lestedo por este recoñecemento, porque quen veña a Lestedo dirá hai que visitar o Pico e comer unha filloa. A filloa e como o pan, a quen non lle gusta?”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.