ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

BNG urxe a reparación do valado do CEIP Martagona de Melide

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de noviembre de 2025 a las 20:00

Compartir
  • Iria Carreira criticou a falta de compromiso do Goberno de Rueda co arranxo das deficiencias do resto de centros educativos do Concello

Santiago de Compostela, 12 de novembro 2025.  A deputada do BNG na comarca da Montaña, Iria Carreira, urxiulle ao PP o arranxo do valado do Centro de Educación Infantil e Primaria Martagona de Melide,  e criticou a falta de compromiso do goberno de Rueda co arranxo das deficiencias do resto de centros educativos do Concello.

Na súa exposición na Comisión 4ª, Carreira enumerou as múltiples deficiencias nas que se encontra o CEIP Martagona, onde os alumnos inauguraron o presente curso sen poder saír ao patio nos recreos, debido ao mal estado do valado que rodea o centro.

“Mentres que o Conselleiro de Educación inauguraba este curso escolar gabándose de que o inicio de curso transcorrera con total normalidade para máis de 302.000 alumnos, o alumnado da Martagona inaugurou o curso pechado no edificio”, criticou,

Indicou que o valado que pecha este centro de ensino leva “décadas en mal estado” e que as Anpas levan cando menos 20 anos demandándolle á Xunta de Galicia a súa reparación ou substitución polo risco que supón para estas crianzas, pero subliñou  que non foi ata o de agora, cando o claustro tomou a decisión “tan drástica” de manter o alumnado pechado nas aulas durante toda a xornada lectiva, cando “algo parece moverse na Consellería de Educación”.

Referiuse así á proposta de acordo na que o concello realizaría o mantemento da parte que está en bo estado e a Xunta de Galicia realizaría a reparación da parte que está medio derruída, e que tan pronto como o concello aceptase, a consellería iniciaría as obras.

Criticou neste punto a “falta de respecto e a deslealdade institucional” da Xefatura Territorial de Educación por non poñerse en contacto nin co alcalde de Melide, nin coa concelleira de Educación”, a pesar de existir unha “presunta vontade de acordo entre ambas institucións”, que, segundo indicou, chega á prensa da man do grupo municipal do PP de Melide. “Tanta necesidade tiñan de darlle protagonismo aos concelleiros do PP de Melide que non son quen de actuar polas canles oportunas e teñen que andar buscando todos os subterfuxios para que poidan ter o seu minuto de gloria?”, afeou.

Malia todo,  o concello aceptou o acordo e colocou uns valados provisionais, pero aínda non houbo ningunha comunicación nin ningunha actuación por parte da Consellería, denunciou.

Carreira sinalou ademais que só se cambiaron a metade das fiestras, e que o resto levan sendo as mesmas desde hai catro décadas, supoñendo unha fonte de humidades e mal illamento térmico. Trala pregunta, o Secretario Xeral Técnico en Consellaría de Educación, Manuel Vila, anunciou o seu compromiso de que acometerán as obras do resto de ventás.

Na pregunta, o BNG alertaba ademais das condicións nas que foi edificado o centro, “nunha zona profundamente húmida” o que provoca que non poida utilizarse unha gran parte do espazo verde co que conta o colexio.

Deficiencias no CEIP Nº1 e no Mestre Pastor Barral

A deputada da comarca advertiu que as deficiencias non se limitan ao Colexio da Martagona. No CEIP Nº1 tamén existen varios aseos inutilizados polo seu mal estado, sendo insuficientes para todo o alumnado do centro. “ A día de hoxe están nun estado calamitoso”,  advertiu, sinalando que a situación se agrava en días de mal tempo porque emiten uns “cheiros insoportables”. Ademais, sinalou que o patio descuberto deste centro non conta cunha zona de sombra.

Malia que o CEIP nº1 é o único de Melide que conta con servizo de comedor,  claramente demandado en todos os centros, atópase nunha “situación límite” despois de que aumentase o número de prazas sen que se acompañase cun incremento do persoal de cociña.  Por iso, o BNG, na iniciativa preguntaba pola previsión da Xunta de dotar os CEIP Martagona e Mestre Pastor Barral de servizo de comedor, así como cando ten pensado  o Goberno galego incrementar o persoal de cociña no CEIP Nº1.

Por último, o BNG denunciou tamén a existencia de múltiples goteiras no interior do CEIP Mestre Pastor Barral, malia ser o máis novo dos centros de ensino, e preguntou pola acometida das reformas das súas cubertas así como a eliminación das filtracións e goteiras no interior.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

melide
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide
Destacado

Tres heridos, uno de gravedad, en un accidente entre dos camiones y un turismo en Melide

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide
Comarca

López Vila gaba a 34 Festa do Melindre por “protexer, poñer en valor e recuperar” os doces tradicionais de Melide

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”
Actualidad

Xosé Igrexas, ás portas da Festa do Melindre: “Somos o concello máis doce de Galicia”

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre
Comarca

Melide reparte os seus doces tradicionais nos puntos de doazón para difundir a XXXIV Festa do Melindre