ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

BNG reclama ao Goberno transferir un tramo ferroviario en desuso ao Concello de Ames

De Fraiz até A Moniña: o tramo ferroviario abandonado no termo municipal de Ames que o BNG defende recuperar e pór en valor como senda verde peonil

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de octubre de 2025 a las 17:07

Compartir

Néstor Rego reclama ao Ministerio de Transportes traspasar a titularidade do tramo e desenvolver actuacións necesarias para acondicionar este espazo

Escarlata Pampín urxe o goberno local a cumprir o acordado entre BNG e PSOE para a aprobación dos orzamentos municipais e conseguir o traspaso

Madrid, 27 de outubro de 2025. O Bloque Nacionalista Galego demanda ao Goberno do Estado total disposición para proceder ao traspaso ao Concello de Ames da titularidade do tramo ferroviario abandonado entre Fraiz e A Moniña para recuperar o espazo e transformalo nunha senda verde peonil.

Durante a visita do deputado do BNG no Congreso en Ames, Néstor Rego estivo acompañado pola voceira municipal da organización nacionalista, Escarlata Pampín, e o resto de concelleiros do BNG na corporación.

“O que no seu momento foi unha infraestrutura de transporte estratéxica, converteuse nun antigo camiño de ferro en progresivo deterioro que está completamente abandonado” sinala o deputado do BNG, Néstor Rego.

Ante esta situación e co obxectivo de recuperar e pór en valor o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña, o BNG rexistra iniciativas para demandar a total disposición por parte do Goberno do Estado e proceder a traspasar ao Concello de Ames a súa titularidade e transformalo nunha senda verde. Pasar do abandono e o deterioro, explica o deputado do BNG no Congreso, a conservalo, polo en valor e transformalo nun recurso útil e beneficioso para a veciñanza.

“A recuperación deste tramo ferroviario como senda verde axudaría a impulsar un modelo de desenvolvemento máis respectuoso co medio, en coherencia coas políticas da Axenda 2030 que apostan pola mobilidade sustentábel, ademais de promover a rehabilitación do patrimonio en desuso” defende Rego.

A creación de itinerarios para o tránsito peonil, subliña o deputado nacionalista, contribúe á mellora da calidade de vida, á promoción de hábitos saudábeis e á posta en marcha de alternativas de mobilidade non contaminantes. Neste sentido, o BNG entende que tanto o Ministerio de Transportes como o Concello de Ames deben comprometerse con este proxecto e iniciar as solicitudes pertinentes reclamando o traspaso.

Cumprir o acordado: o BNG de Ames e os Orzamentos municipais

Pola súa parte, a voceira municipal do BNG no Concello de Ames, Escarlata Pampín, lembra que esta actuación foi unha iniciativa da organización nacionalista que formaba parte do acordo entre a organización nacionalista e o grupo de goberno de Ames -o PSOE- para a aprobación definitiva dos Orzamentos municipais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Conseguir o traspaso figuraba no acordo político entre o BNG e o PSOE para que, coa nosa abstención, os orzamentos saísen adiante. A día de hoxe, nada se sabe sobre as xestións que o goberno municipal realizou sobre o tema” denuncia Pampín.

Etiquetas

amesbng
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación