ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

BNG, CA e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025. Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2025 a las 13:12

Compartir

Con esta nova acción, os convocantes queren denunciar a “nula resposta da Xunta de Galicia e da Consellaría de Sanidade ás reivindicacións de incrementar os recursos e mellorar a organización e o funcionamento da atención primaria en Galicia, reactivar e aproveitar plenamente os recursos dos hospitais públicos para afrontar o incremento das listas de agarda, frear a deterioración, o desmantelameno e a privatización de todo o sistema sanitario público galego por parte do PP de Galicia”.

A moción recolle o sentir da alianza social e profesional facendo un chamamento á poboación para que acuda e participe na organización e desenvolvemento da manifestación do día 6 de abril.

SOS Sanidade Pública reclama “máis atención primaria, con centros de saúde e puntos de atención continuada dotados de persoal suficiente de todas as categorías; máis atención hospitalaria, utilizando plenamente os recursos instalado, usándoos de mañá e de tarde; e máis sanidade pública, aplicando fórmulas de xestión do orzamento sanitario público eficaces cara unha mellor estabilidade laboral e redución da temporalidade do persoal sanitario e non sanitario do sistema público”.

Asemade, a plataforma reclama un “plan de saúde mental; recuperar os servizos privatizados e as áreas sanitarias pechadas; e potenciar a saúde pública para combater as posibles epidemias para a saúde”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.