ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

BNG asistirá a todos os debates e pide a Rueda que «non se esconda» e acepte un cara a cara con Pontón

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de enero de 2024 a las 19:30

Compartir

 

Ve no escapismo de Rueda unha mostra de debilidade do candidato do PP e insiste en que os debates son un dereito da cidadanía e non dos partidos

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro 2023.-  O BNG subliña que asistirá a todos os debates aos que sexa convocado ao entender que se trata dun dereito da cidadanía e non unha prerrogativa dos partidos políticos, dereito no que os medios de comunicación públicos xogan un papel determinante, e así llo transmite o director de campaña, Rubén Cela, en resposta á carta remitida pola secretaria de comunicación do PP.

Neste sentido, a formación nacionalista confirmou xa a participación da súa candidata á Presidencia da Xunta nos debates anunciados tanto pola CRTVG como pola CRTVE, -ademais doutros medios privados-, entre eles en Radio Líder. Mentres, o candidato do PP, Alfonso Rueda, segue gardando silencio en relación a práctica totalidade dos debates xa convocados, nunha actitude escapista que só pode ser interpretada como unha mostra de debilidade consciente de que a xestión de catorce anos de Partido Popular presenta un balance nefasto para Galiza.

O BNG tamén insiste, e así llo traslada ao PP despois de ter remitido unha carta á dirección da CRTVG, nun cara a cara entre Ana Pontón e a Alfonso Rueda, por representar ás forzas políticas con máis posibilidade de liderar o próximo goberno de Galiza.

Un modelo de debate habitual en multitudes de países e que, sen ir máis lonxe, a cidadanía puido ver nas pasadas eleccións xerais entre o candidato e presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, e o candidato e líder da oposición a nivel estatal, Alberto Núñez Feijóo. Debate, indica Cela, que non precisou ningunha consulta entre os grupos do multipartito da dereita e da extrema dereita para determinar quen debía acudir e, da mesma maneira, o cara a cara Pontón-Rueda só precisa que o Partido Popular acepte, “e alí estaremos”, subliña Cela.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Tal e como fixemos público en reiteradas ocasións, o BNG acudirá a cantos debates se nos convoque, porque contrastar proxectos políticos é un dereito da cidadanía co que estamos plenamente comprometidos e comprometidas. Agardamos que o señor Rueda non se agoche e teña o mesmo compromiso democrático cos galegos e coas galegas”, conclúe o director de campaña en resposta á misiva popular.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.