ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarcaPolítica

‘Bio Construción’, unha comedia de teatro absurdo, chega este venres e sábado ao Milladoiro

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de febrero de 2026 a las 20:25

Compartir
  • A compañía estrea a súa nova montaxe os vindeiros venres 27 e sábado 28 de febreiro na Casa da Cultura do Milladoiro
  • Bio Construción é unha comedia absurda con música en directo sobre o fracaso, o amor e a estupidez humana

Valga, 23 de febreiro de 2026. Ibuprofeno Teatro estrea en Ames a súa nova produción ‘Bio Construción’, un texto de Santiago Cortegoso para dous actores e unha violonchelista no que a compañía segue explorando o teatro absurdo. As funcións serán o venres 27 e o sábado 28 de febreiro ás 20:30 hora na Casa da Cultura do Milladoiro.

Despois da posta en escena de ‘Reconversión’, unha montaxe de gran formato sobre loita sindical naval na Ría de Vigo, que vén de acadar tres candidaturas aos Premios Max nas categoría de Mellor Espectáculo, Mellor Autor e Mellor Elenco, Ibuprofeno Teatro explora en ‘Bio Construción’ o absurdo a través dunha proposta cunha forte carga plástica na que volven a mesturar a realidade e a ensoñación, a acción e a poesía. Marián Bañobre e Santiago Cortegoso dirixen e interpretan esta peza que emprega a metáfora para falar da existencia na sociedade capitalista contemporánea. Acompáñaos en escena a violonchelista Macarena Montesinos, autora do espazo sonoro da montaxe.

A obra, a través dun humor absurdo, preséntanos dous personaxes inocentes e loitadores, un pouco heroes e un pouco fracasados que viven nun fráxil equilibrio entre a procura da felicidade e a frustración. Esta parella decide deixar o teatro, traballo ao que se dedicaran ata agora, para marchar a un lugar remoto e emprender o seu proxecto máis ambicioso: contruír unha casa coas súas propias mans. E así transcorren trinta anos.

Completan o equipo Marcos PTT na asistencia de dirección, Gloria Punzano como auxiliar de dirección, a través dun convenio asinado coa ESAD de Galicia, Jose Perozo no deseño e realización do espazo escénico, Laura Vidales no deseño de vestiario, Carlos Álvarez-Ossorio no deseño de iluminación, Armando Martén no movemento escénico e Baia Fernández na caracterización.

A montaxe conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través das Axudas á Creación da Axencia Galega das Industrias Culturais e co apoio do Concello de Ames e do Concello de Catoira que acollen á compañía a través de residencias técnicas. Despois a peza poderá verse en Cangas, Soutomaior, Vigo ou Lugo.

Un espazo escénico e sonoro en continua transformación

Na obra a transformación do espazo, do escultor e escenógrafo Jose Perozo, é clave. A través del viaxamos dende un espazo baleiro ata outro recargado, froito da acción dos personaxes ao longo do tempo. A música, de Macarena Montesinos, apoia tamén esta idea como un elemento vivo que se transforma en cada escena. O espazo sonoro non é unha narrativa pechada, pola contra pretende abrir un diálogo co público a través de distintas capas, repeticións e silencios que conviden á reflexión.

En ‘Bio Construción’, Ibuprofeno Teatro, explora a plasticidade a través dun traballo de creación próximo á artesanía na elaboración do espazo escénico e do vestiario, para o que Jose Perozo e Laura Vidales xogan coa hibridación de materiais e texturas. En canto ao traballo actoral a proposta aproxímase ao clown e á relación cos obxectos, a través da mirada de Marcos PTT, asistente de dirección. A caracterización de Baia Fernández, o traballo corporal de Armando Martén e o deseño de Iluminacion de Carlos Álvarez-Ossorio apoian a idea de paso do tempo que atravesa toda a proposta.

A compañía

‘Bio Construción’ é o duodécimo espectáculo de Ibuprofeno Teatro, compañía fundada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso no 2010 para explorar a través das artes escénicas os temas que afectan ao ser humano contemporáneo a través do humor e do absurdo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Levan a cabo espectáculos de autor para público adulto, ben a partir de textos creados previamente como ‘Reconversión’, ‘Raclette’ ou ‘Casa O’Rei’ ou ben integrando a dramaturxia no proceso de creación como ‘Deadpan Karaoke’, ‘O mel non caduca’ ou ‘A filla de Woody Allen’, espectáculo fundacional da compañía. O seu traballo foi recoñecido con diversos galardóns, entre eles o Premio do Público na MIT de Ribadavia ou os Premios María Casares en distintas categorías.

Etiquetas

amesculturateatro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación