Besteiro reclama diálogo e solución pacífica para a crise venezolana
Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2026.- O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, fixo un chamamento á prudencia e á responsabilidade tras coñecerse a situación que se está a vivir nas últimas horas en Venezuela.
Líder Redacción
3 de enero de 2026 a las 13:20
Besteiro advertiu de que “o que nos chega de Venezuela é moi grave e obriga a actuar con especial cautela”, e subliñou que a prioridade neste momento debe ser evitar unha escalada da crise e garantir a seguridade de todas as persoas, incluída a colonia española residente no país.
Desde o PSdeG deféndese que a única saída posible pasa polo diálogo e por unha solución pacífica e democrática, sen imposicións externas e no marco do dereito internacional, contando co acompañamento multilateral necesario para favorecer unha saída estable á situación actual.
O líder socialista insistiu en que non é momento para declaracións partidistas, senón para actuar con serenidade, responsabilidade e sentido institucional, co obxectivo de contribuír a unha solución que dea resposta ás necesidades reais do pobo venezolano.