ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioEducación

Avanza a planificación do novo colexio do Milladoiro, cuxa obra está previsto licitar en xullo

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de junio de 2024 a las 17:42

Compartir
  • Román Rodríguez e Blas García manteñen unha xuntanza de traballo para coordinar as actuacións que a Xunta de Galicia realizará no concello de Ames
  • A Administración autonómica está a investir actualmente máis de 13,5 millóns de euros na mellora de infraestruturas educativas en Ames

Ames, 20 de xuño de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Ames, Blas García, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo en San Caetano para abordar a planificación da construción do novo CEIP do Milladoiro. No encontro tamén participaron a concelleira de Educación, Carmen Porto, e o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila.

Esta reunión ten lugar co propósito de coordinarse Xunta de Galicia e Concello de Ames para afrontar as tres grandes actuacións que se están a facer no municipio, comezando pola nova infraestrutura na que o Goberno galego investirá 10,1 millóns de euros.

Román Rodríguez trasladoulle ao rexedor e á concelleira que o departamento autonómico ten previsto licitar a obra no próximo mes de xullo, coa estimación de poder iniciar os traballos a principios de 2025 e que o novo colexio estea operativo no inicio do curso 2026/2027.

O centro, que acollerá a 450 alumnos e permitirá atender as necesidades educativas dunha poboación en aumento, será o primeiro colexio construído en base ás pautas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que deseña espazos educativos máis abertos, flexibles, sustentables, intelixentes e integrados na contorna.

As tres actuacións que a Consellería está a realizar no concello de Ames acadan un investimento de máis de 13,5 millóns de euros. Entre estas obras cómpre destacar a ampliación do CEIP Agro do Muíño, por 3,3 millóns de euros, cuxas obras van por bo camiño, cun 65% das mesmas xa executadas. Está tamén a piques de comezar a execución do cambio de cuberta do CEIP de Barouta, no que o Executivo autonómico inviste 150.000 euros. En ambos casos, a previsión é que en setembro estean as obras rematadas.

García puxo enriba da mesa a posibilidade de conveniar coa Xunta de Galicia o uso dos espazos educativos, cando non estean prestando servizo aos centros, para así aproveitar ao máximo as instalacións.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amescolexioeducacionmilladoiroradio lider santiagoxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego