ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Asociacións veciñais de Santiago reclaman melloras no transporte e na taxa do lixo

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de septiembre de 2025 a las 15:09

Compartir
  • Manifestou a necesidade de mellorar o transporte urbano, con máis frecuencias, marquesiñas e paneis informativos en todo o termo municipal, actualizando o parque de vehículos
  • Asinouse un documento de apoio á loita dos veciños de San Lourenzo para evitar a reapertura da sala Malatesta
  • A reunión, na que participaron 15 asociacións e FERUSA para formalizar a Coordinadora, celebrouse onte na Casa das Asociacións de Cornes

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago celebrou onte mércores unha reunión na Casa das Asociacións de Cornes na que estiveron representadas 15 asociacións xunto a un representante da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA). No encontro tratáronse os seguintes asuntos:

  • Formalización da Coordinadora:

Acordouse formalizar a Coordinadora, que de xeito provisional estará formada polos representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais, para avanzar na agrupación das asociacións da cidade, así como a celebración de reunións trimestrais, con carácter ordinario, ademais das que poidan establecerse puntualmente para tratar asuntos de interese xeral a demanda das Asociacións.

Inicialmente, asígnase a Coordinadora a elaboración de propostas de alegacións tipo para que logo cada Asociación poida adaptalas aos seus intereses e presentalas no Concello para a mellora das propostas de ordenanzas e outras decisións que poida adoptar o equipo de goberno municipal.

Tamén se acordou elaborar unha proposta de posta ao día do Regulamento de Participación Cidadá, dado que o actual data do ano 1998, así como solicitar a convocatoria da correspondente reunión do Consello de Relacións Veciñais.

  • Análise da Proposta de Nova Taxa do Lixo:

É opinión unánime das Asociacións que se aplique o principio de “pago por xeración” e rexeitar o criterio de vinculación desta taxa co valor catastral das vivendas no caso da tarifa doméstica, porque nada ten que ver o valor catastral co lixo xerado, e os incrementos para as vivendas que teñen un consumo de auga inferior a 10 m3/mes vai dende o 0% ata o 52% en función do valor catastral que teña a vivenda.

Do mesmo xeito, púxose de manifesto a necesidade de coñecer o estudo económico do que vai supoñer esta taxa en termos de recadación e do custo actual do servizo.

Tamén se manifestou a necesidade de que no caso da hostalaría se computen coma superficie dos locais as terrazas, dado que nelas xérase unha parte moi importante dos residuos de esta actividade, así como a de asimilar a categoría de bares e restaurantes, dado que hoxe en día a gran maioría dos bares están actuando como restaurantes.

Analizouse tamén o caso de Oviedo, onde a taxa das vivendas varía en función da frecuencia da recollida do lixo, pasando de 79,08 €/ano a 38,34 €/ano no caso da recollida dous días á semana.

Finalmente acordouse preparar unha alegación tipo que se remitirá a cada unha das asociacións para que poidan formular a súa propia alegación.

  • Servizo do Transporte Urbano

Por parte das Asociacións púxose de manifesto a necesidade dunha mellora substancial do transporte urbano de Santiago, mellorando frecuencias, dotar as paradas de marquesiñas e paneis de información en todo o termino municipal, axilidade na comunicación de cambios de horarios, actualización do parque de vehículos, a utilización de vehículos de tamaños adaptados ás vías  e rúas polas que discorren as liñas, e acordouse continuar recollendo información sobre este servizo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →
  • Apoio aos veciños de San Lourenzo

As asociacións presentes asinaron un documento en apoio á loita dos veciños de San Lourenzo para evitar que se reabra a sala Malatesta coma local de ocio nocturno, porque a actividade pretendida ten sido cualificada de forma reiterada pola xurisprudencia como “molesta” e “insalubre” e atenta contra dereitos fundamentais dos veciños como son a inviolabilidade do seu domicilio ou o dereito ao descanso nocturno.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.