ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSalud

As Urxencias do CHUS volven colapsar con ata 41 pacientes graves atendidos en corredores

 

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de enero de 2026 a las 22:04

Arquivo

Compartir

As Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago volveron vivir este xoves, 9 de xaneiro, unha situación de grave colapso asistencial, segundo denuncia a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. A entidade alerta de que ao longo da mañá chegáronse a contabilizar 41 pacientes graves colocados en padiolas e cadeiras nos corredores de acceso e zonas limítrofes, vulnerando —aseguran— os dereitos fundamentais á dignidade e á intimidade das persoas atendidas.

Segundo os datos achegados pola asociación, ás 15:30 horas aínda permanecían 21 pacientes graves nos corredores, mentres que 27 persoas tiñan o ingreso hospitalario xa asinado pero continuaban á espera de subir a planta, empregándose as Urxencias como espazo de “almacenamento de pacientes”, sen as condicións materiais propias dunha hospitalización.

O colectivo subliña que esta situación non é puntual, senón que se repite de maneira diaria, malia as múltiples denuncias públicas realizadas ao longo da última década. Lamentan ademais que a dirección do centro non recoñeza o problema estrutural existente, normalizando prácticas que supoñen, ao seu xuízo, un grave dano físico e moral para os doentes.

En relación coa demanda asistencial, a asociación lembra que, segundo os datos publicados pola xerencia no “Pulso do CHUS”, nas últimas 24 horas foron atendidas 428 persoas, unha cifra inferior aos picos rexistrados en febreiro de 2025, cando se acadaron os 539 pacientes. A ocupación hospitalaria situouse no 57,24 %, con 865 camas ocupadas e 646 dispoñibles, polo que consideran que a gripe estacional non xustifica os colapsos continuados.

O comunicado apunta a dúas causas principais: por unha banda, a falta de persoal sanitario, que impide dispoñer das camas necesarias cando os facultativos as solicitan, e por outra, a debilidade da atención primaria, con demoras normalizadas de entre 10 e 17 días para consultas presenciais por doenzas novas, o que incrementa a presión sobre as Urxencias.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS reitera que as zonas de paso non son espazos de atención nin de espera, e lembra que un paciente, unha vez cualificado na triaxe, debe ser atendido nun lugar axeitado, con vixilancia e en condicións dignas. Advirten de que manter persoas horas nos corredores, incluso durante a realización de anamnese, constitúe un abandono asistencial contrario á Lei de Saúde de Galicia, polo que esixen medidas inmediatas para poñer fin a esta situación.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.