ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

As piscinas municipais da Estrada multiplican a concorrencia con preto de 400 bañistas ao día

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de septiembre de 2025 a las 16:19

Compartir
  • Un verán cálido e a entrada gratuíta de toda a tempada explican un escenario ben distinto ao de 2024.
  • O mes de agosto é bo termómetro para medir a comparativa: en agosto de 2024 accederon ás piscinas municipais 2.642 persoas, mentres que en agosto deste ano foron 4.589.
  • Estas piscinas totalizaron 6.492 accesos nesta tempada, á marxe dos bañistas diarios do Campus Deportivo de Verán.

A Estrada, 15 de setembro de 2025.- O 15 de setembro é, tradicionalmente, a data de clausura das piscinas municipais do Concello da Estrada. Coincidindo este ano en luns, xornada de peche técnico das instalacións, a tempada de baño quedou rematada o domingo. Deste xeito, o de hoxe foi xa un día para o balance no departamento de Deportes, que dirixe Ismael Pena. As cifras son claras e amosan que o de 2025 foi un estío con récord de acceso nesta área lúdico-deportiva.

Un verán moi cálido e a entrada gratuíta durante toda a tempada explican o escenario que debuxan unhas cifras de afluencia que pouco teñen que ver coa concorrencia a estas instalacións no exercicio anterior. O mes de agosto é bo termómetro para medir esta comparación: en agosto de 2024 accederon ás piscinas municipais 2.642 persoas, mentres que en agosto deste ano foron 4.589.

Ademais, este incremento de case o 74% hai que entendelo tamén concentrado nas tres primeiras semanas do mes vacacional por excelencia, xa que os últimos días de agosto houbo un empeoramento das condicións meteorolóxicas que se traduciu nunha asistencia case anecdótica de bañistas.

De dous a tres vasos

A tempada estivo este ano marcada pola gratuidade no acceso ao recinto, unha decisión que o goberno que encabeza Gonzalo Louzao adoptou ante a pequena demora na apertura da piscina grande, sometida a importantes obras de reforma. Deste xeito, durante as tres primeiras semanas de xullo a instalación funcionou con dous vasos operativos (pequeno e mediano), cun total de 585 usuarios nestas xornadas, aos que habería que sumar os 280 nenos e nenas que, de luns a venres, acudían ás piscinas como
parte da programación do Campus Deportivo de Verán.

A apertura do vaso grande o 22 de xullo intensificou moito a asistencia ao recinto. Só entre esa data e o día 31 (10 días) foron 1.191 accesos, aos que hai que engadirlle os 250 campistas que usaron a instalación cada día en horario de mañá.

Picos de case 400 bañistas

En agosto as altas temperaturas e a gratuidade das instalacións fixeron que moitos veciños escolleran as piscinas municipais, con xornadas que rexistraron picos de afluencia próximos aos 400 bañistas. As instalacións estiveron especialmente concorridas durante a primeira quincena do mes, aínda que o tirón se mantivo na terceira semana de agosto.

Aos 4.589 usuarios de agosto habería aínda que engadirlle os 180 rapaces que empregaron o recinto dentro do Campus Deportivo, todas as semanas e de luns a venres.

En setembro, coa meteoroloxía en contra, a situación mudou sensiblemente. A primeira semana a afluencia mantívose nunha media de 16 accesos por xornada. Dende os días nos que xa tocou a reincorporación ás aulas, a cifra quedou en pouco máis de media ducia de usuarios por xornada.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Deste xeito, as piscinas municipais totalizaron 6.492 accesos nesta tempada, á marxe dos bañistas diarios do Campus Deportivo de Verán.

Etiquetas

a estradapiscinasveran
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

Vila de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal
Comarca

Vila de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas