As patinadoras de Brión logran un Bronce na Copa de España
Líder Redacción
9 de abril de 2024 a las 03:37
O Club de Patinaxe Artística Brión celebra o seu recente novo éxito ao lograr o terceiro posto na Copa de España de Patinaxe Artística Grupo Show Pequenos, que tivo lugar en Alcoi, Alacante. As patinadoras de Brión brillaron coa súa fermosa coreografía titulada «Birka», destacándose entre os 22 grupos participantes.
As adestradoras Natis e Andrea mostraron unha gran satisfacción polo traballo realizado e polos logros das deportistas, que puideron acadar un bronce nunha competición de tal nivel. Este éxito supón unha volta por riba, despois de acadar o oitavo e noveno posto no Campionato de España en cuartetos Junior e Grupos. Agora, continuarán traballando arreo para afinar as súas coreografías de cara ás seguintes competicións desta tempada.