ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

As “Noites en Vela” de A Ponte Maceira adíanse para o 30 de agosto

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de julio de 2025 a las 15:36

Compartir
  • A edición deste ano das “Noites en Vela” coas actuacións de As Maianas e Caamaño & Ameixeiras, prevista para este 19 de xullo, celebrarase finalmente para o vindeiro 30 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado
  • Con este cambio de data, preténdese manter a esencia desta actividade, que naceu para poñer en valor unha gran paraxe paisaxística e natural do noso concello como é A Ponte Maceira a través da celebración desta cita musical anualmente
  • A pesar do cambio de data, manteranse os horarios e servizos establecidos para a actividade, como o servizo autobús gratuíto para acudir á velada e o comezo dos concertos ás 21.00 horas

Ames, 17 de xullo de 2025.- A edición deste ano das “Noites en Vela”, prevista para este 19 de xullo, celebrarase finalmente para o vindeiro 30 de agosto debido ás condicións meteorolóxicas previstas para este sábado. A pesar do cambio de data, manteranse os horarios e servizos establecidos para a actividade, como o servizo autobús gratuíto para acudir á velada. Nas “Noites en Vela 2025” actuarán As Maianas e Caamaño & Ameixeiras. A actuación de Caamaño & Ameixeiras está subvencionada pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2025.

A Ponte Maceira terá que agardar para poder gozar dunha das súas xornadas máis especiais, as “Noites en Vela”. A velada, programada para este sábado 19 de xullo, adíase finalmente para o vindeiro sábado 30 de agosto, debido ás previsións de condicións meteorolóxicas adversas para celebrar os concertos en óptimas condicións nesta histórica paraxe monumental e natural.

O evento manterá os horarios previstos inicialmente, polo que os concertos comezarán a partir das 21.00 horas. Con este cambio de data, preténdese manter a esencia desta actividade, que naceu para poñer en valor unha gran paraxe paisaxística e natural do noso concello como é A Ponte Maceira a través da celebración desta cita musical anualmente.

Servizo de bus gratuíto

Polo tanto, A Ponte Maceira acollerá a finais do vindeiro mes de agosto unha nova edición das “Noites en Vela”, un evento que xa é toda unha tradición e que vincula aos concellos de Ames e Negreira ano tras ano desde a creación desta cita no 2016. A actividade está organizada conxuntamente polos departamentos de Cultura de ámbolos dous Concellos.

Este ano contarase cun servizo de autobús gratuíto que percorrerá O Milladoiro, Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. Con esta iniciativa, preténdese facilitar á asistencia ao evento, así como evitar a masificación de vehículos particulares en A Ponte Maceira, lugar declarado ben de interese cultural (BIC).

A hora de saída do autobús será ás 20.00 horas desde O Milladoiro, e realizará paradas nas localidades mencionadas anteriormente, ata chegar A Ponte Maceira. A saída será unha vez remate a velada. As persoas interesadas en empregar este servizo deberán enviar un correo ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto, ou chamar ao número 881 074 730.

As Maianas e Caamaño & Ameixeiras

Os grupos encargados de amenizar esta edición das Noites en Vela serán “As Maianas” e “Caamaño & Ameixeiras”.

A agrupación de cantareiras “As Maianas”, formado en Ames no 2007, destacan pola súa proposta con temas de composición propia nos que empregan sons e ritmos da música tradicional galega nos que se valen de instrumentos coma as pandeiretas, cunchas ou a propia percusión corporal.

Pola súa banda, “Caamaño & Ameixeiras” é un dúo formado en 2018 composto por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras moi ligado tamén á música e baile tradicional. Na actualidade contan con prestixio tanto a nivel nacional coma internacional. Tomando como partida inicial sons populares da nosa terra, este dúo crea pezas de composición propias cun selo moi persoal nas que mesturan o tradicional con recursos máis contemporáneos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A actividade é de balde. Para coñecer máis información pódese contactar co Concello de Ames escribindo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal ou co de Negreira, escribindo a marcos.perez@concellodenegreira.es.

Etiquetas

ames
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación