As Escolas Deportivas de Balonmán da Estrada debutan este venres nun Triangular en Santiago
A Estrada, 2 de abril de 2025.- As escolas deportivas municipais de Balonmán da Estrada, creadas este ano, debutarán mañá venres en Santiago coa súa participación nun torneo triangular. De 18.30 a 21.30 horas, no pavillón Quiroga Palacios, terá lugar o primeiro Torneo Triangular Infantil organizado polo BM Ribadosar.
Líder Redacción
3 de abril de 2025 a las 17:21
Esta xornada de deporte e convivencia reunirá no pavillón do barrio santiagués de Conxo xogadores e xogadoras das categorías de base do BM Ribadosar con deportistas que iniciaron en setembro pasado a práctica do balonmán nas Escolas Deportivas Municipais da Estrada e de Negreira, ambas atendidas por adestradores do clube compostelano.
A xornada de balonmán comeza ás 18:30h con dous encontros de exhibición entre equipas das categorías benxamín e alevín conformadas tanto por deportistas procedentes do BM Ribadosar como das Escolas Deportivas da Estrada e Negreira. Despois destes dous partidos terá lugar o Torneo Triangular Infantil e o evento concluirá con outro encontro de exhibición que enfrontará as equipas cadete e a xuvenil do BM Ribadosar.