ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioSociedad

As Cancelas presenta ‘Xantares con Celi’ para promover o uso do galego entre os cativos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de febrero de 2024 a las 12:47

Compartir

 

 

Xantares con Celi é un dos proxectos postos en marcha polo centro comercial en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia para promocionar o uso de galego entre os máis novos

O acto de presentación contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e do xerente do centro comercial As Cancelas, Javier Nicolás Blanco.

O centro comercial As Cancelas presentou Xantares con Celi, unha iniciativa coa que se promoverá o uso do galego entre os máis pequenos. No acto de presentación, que tivo lugar o pasado venres 2 de febreiro no centro comercial compostelán, estivo presente Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Javier Nicolás Blanco, xerente de As Cancelas.

Durante a súa intervención, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, felicitou ao centro comercial por esta iniciativa cultural de promoción da lingua e subliñou “a importancia da colaboración entre institucións públicas e privadas no ámbito da cultura e, en especial, no fomento do uso do galego entre os máis pequenos”.

Pola súa banda, Javier Nicolás Blanco, xerente do centro comercial As Cancelas, puxo en valor o “compromiso de As Cancelas coa Xunta de Galicia para a promoción da cultura e do galego con accións coma Xantares con Celi”. “Estamos encantados de que os nosos pequenos visitantes se divirtan e aprendan a partes iguais durante o seu paso polo centro comercial”, concluíu.

Xantares con Celi poñerase en marcha a través dos locais de restauración do centro comercial en forma de mantel de papel con actividades didácticas para nenos e nenas, todas elas en galego. Todo o que queira, poderá solicitalo nestes establecementos durante a súa visita ao centro comercial de maneira completamente gratuíta.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O centro comercial As Cancelas realiza todas as súas actividades enfocadas ao público infantil a través do Club de Celi, o club infantil ligado a un centro comercial máis numeroso de Galicia, con máis de 20.000 socios.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.