ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Asociacións de Santiago critican a falta de diálogo no deseño do transporte urbano e da seguridade viaria

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de enero de 2026 a las 15:31

Compartir
  • Solicita unha reunión coa concelleira de Servizos Sociais para a posta en marcha dun programa para a prevención do consumo de drogas
  • Reivindica que o 2 % cultural se aplique á restauración do “patrimonio do traballo”, é dicir, a construcións tradicionais como lavadoiros, fontes ou muíños
  • A reunión, na que participaron unha ducia de asociacións, celebrouse onte na Casa das Asociacións de Cornes

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- A Coordinadora das Asociacións Veciñais de Santiago celebrou onte mércores, 14 de xaneiro, unha reunión na Casa das Asociacións de Cornes na que estiveron representadas 12 asociacións.

No encontro deuse conta dos asuntos tratados no Consello de Relacións Veciñais celebrado o pasado 29 de decembro, onde a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, comprometeuse a solicitar información aos técnicos municipais sobre diferentes temas que preocupan aos representantes veciñais:

  • A modificación das bases da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento das actividades das asociacións de veciños, de xeito que os gastos que poden ser incluídos se refiran a un período de 12 meses en lugar dos 9 actuais.
  • Proposta de Modificación do Regulamento de Participación Veciñal, dado que o actual data do ano 1999 e non responde as necesidades actuais da veciñanza.
  • Ampliación do perímetro urbano da cidade, reclamada por algúns barrios. A alcaldesa comprometeuse a pedir aos técnicos municipais un informe sobre as consecuencias que esta ampliación comportaría para os veciños.

Ademais, a os representantes da Coordinadora amosaron a súa preocupación pola falta de información sobre o futuro contrato do servizo do transporte urbano. Sinalaron que ata fai dous días “non foi posible coñecer os correspondentes pregos”, ademais de asegurar que tanto os cambios nas liñas como nas frecuencias non foron consultados coa veciñanza. Sobre esta cuestión, tamén descoñecen cal vai ser o incremento do número de autobuses por canto ao engadirse servizos que ata o de agora non estaban prestados por Tussa, xa que os vehículos que prestan este servizo xa forman parte do servizo municipal.

Outra inquietude manifestada na xuntanza xirou ao redor da seguridade viaria. Os representantes das asociacións de Pontepedriña indicaron que non foron consultados sobre o radar permanente na súa zona, e todas as asociacións concordan en que os radares deben instalarse seguindo criterios obxectivos en base a sinistralidade rexistrada.

Noutra orde de temas, a Coordinadora analizou a aplicación do 2 % cultural no caso concreto da obra da Estación Intermodal, cuxos 390.000 euros foron empregados en San Martiño Pinario. Desde as asociacións reivindícase que no futuro estes fondos se apliquen á restauración do “patrimonio do traballo”, como as construcións tradicionais dos lavadoiros, fontes ou muíños.

Sobre a nova taxa do lixo, a Coordinadora acordou tres medidas que serán trasladadas á alcaldesa:

  • A recualificación dos café-bares que actualmente dan comidas.
  • O cómputo da superficie das terrazas da hostalería.
  • A adopción da medida de utilizar bolsas con código de barras, como se fai en Suíza desde hai moitos anos.

Celia Pinaque, da asociación de Vidán, e Antonio Segura, da Plataforma de Galeras, serán os representantes veciñais no Consello Municipal de Medio Ambiente

A Coordinadora, ante o incremento do consumo de drogas que se está dando na cidade, acordou solicitar unha xuntanza coa concelleira de Servizos Sociais de Santiago, María Rozas, co fin de demandar a posta en marcha dun programa para a prevención do consumo de alto impacto e dotado de medios.

Seguindo a información facilitada polos representantes veciñais na mesa de Vivenda do Concello, na que se acordou continuar coa tramitación da Zona de Aluguer Tensionada, a Coordinadora puxo de manifesto o fracaso das zonas ARI (Áreas de Rehabilitación Integral) en Santiago, e a falta de profesionalidade dalgún técnico municipal que provocou nalgún caso a perda de subvencións en materia de accesibilidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, a Coordinadora acordou nomear como representantes veciñais no Consello Municipal de Medio Ambiente a Celia Pinaque, da Asociación de Veciños de Vidán, e a Antonio Segura, da Plataforma de Galeras.

Etiquetas

asociacions veciñaisdemandasSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago