ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoTurismo

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade inician unha promoción en EE.UU., Canadá, Asia e países europeos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de enero de 2024 a las 17:54

Compartir

 

 

5/01/2024.- Hoxe celebrouse a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, acompañado da alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, na que se aprobou o Plan Operativo de Turismo e o orzamento do GCPHE para 2024, que inclúe a promoción nos principais mercados emisores internacionais. Entre as novidades para este ano, destaca un espectáculo de drons nas 15 cidades para celebrar o XXX aniversario do Grupo e un concerto extraordinario o día 8 de marzo na Santa Igrexa Catedral de La Laguna.

O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, presentou hoxe o Plan de Acción 2024, para a promoción das 15 cidades españolas co selo Unesco nos principais mercados internacionais de Europa, Estados Unidos e Canadá. A presentación deste Plan tivo lugar en FITUR, onde a alcaldesa de Santiago e vicepresidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, xunto ao resto de rexedores e rexedoras das cidades membro celebraron a primeira Asemblea xeral do ano, na que se probou o orzamento de 2024 e o Plan Operativo de Turismo.

Luís Yeray Gutiérrez sinalou que «o Plan de Acción para 2024 vai situar a marca Cidades Patrimonio de España en Europa, América e Asia, con presenza nas feiras máis importantes do mundo como as de Bruxelas, ITB-Berlín, ILTM (International Luxury Travel Market) de Singapur e Asia Pacífico, JATA-Xapón, así como na World Travel Market de Londres, nun ano moi especial no que a nosa entidade celebra o 30 aniversario da súa creación».

Segundo sinalou o presidente, «tamén previmos a participación en xornadas técnicas en Xapón, Estados Unidos, China e presentacións técnicas e institucionais en Chicago e Toronto, ademais dos Emiratos Árabes. No caso de Centroeuropa, tamén realizaremos presentacións en Suíza e Irlanda».

Tamén lembrou que «este ano vai supor unha gran proxección para as Cidades Patrimonio como representantes da marca España, con accións de promoción dos 15 destinos con Turespaña a través das Oficinas de Turismo en todo o mundo».

A presentación do plan de acción contou coa presenza da vicepresidenta e alcaldesa de Santiago (Goretti Sanmartín); o vicepresidente segundo e alcalde de Segovia (José Mazarías), xunto aos alcaldes de Tarragona (Rubén Viñuales) e Salamanca (Carlos G. Carbayo), que forman parte da Comisión Executiva. Na Asemblea tamén participaron os alcaldes e alcaldesas de Alcalá de Henares (Judith Piquet); Ávila (Jesús Manuel Sánchez Cabrera), Baeza (Pedro Javier Cabrera), Cáceres (Rafael Mateos), Córdoba (José María Bellido), Cuenca (Darío Dolz), Ibiza /Eivissa (Rafael Triguero), Toledo (Carlos Velázquez) e Úbeda (Antonia Olivares).

A Asemblea aprobou a axenda dos principais eventos culturais e deportivos de 2024, así como o impulso a un calendario de actos con motivo da celebración do XXX aniversario do Grupo. A Súa Maxestade a Raíña dona Sofía presidirá o concerto extraordinario do Grupo o día 8 de marzo na Santa Igrexa Catedral de La Laguna.

Dentro do programa de eventos do XXX aniversario do Grupo inclúense espectáculos con máis de 200 drons adaptados a cada unha das 15 cidades; a creación do primeiro torneo de rugby nas Cidades Patrimonio e a creación dun programa de espectáculos en espazos singulares á luz das candeas, que contará con capacidade reducida, artistas locais e figuras destacadas do ámbito cultural.

Dentro da axenda institucional do Grupo, tamén destaca que as cidades de Úbeda e Baeza acollerán a próxima Asemblea, os días 24 e 25 de febreiro.

Esta tarde, o Grupo presenta o Plan Operativo de Turismo na caseta de Turespaña en FITUR, nun acto ao que asistirá a secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, ás 16 horas. O Grupo celebra tamén mañá venres en FITUR a primeira reunión da súa Comisión de Turismo e a presentación do Plan Operativo con Paradores.

Ademais, o alcalde de la Laguna e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio, Luís Yeray Gutiérrez, recollerá o premio ao Mellor destino Turístico de España 2024, no marco de FITUR.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España ten como obxectivo actuar de maneira conxunta na conservación, a posta en valor e a promoción turística das 15 cidades españolas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.