ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Arzúa honrará a memoria do alcalde Juan Manuel Vidal, asasinado polo réxime franquista

O Concello de Arzúa organiza un acto solemne de lembraza co gallo do 17 de agosto, data que se reivindica desde fai moitos anos como o Día da Galiza Mártir

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de agosto de 2024 a las 13:24

Compartir

Arzúa, 12 agosto 2024 – O vindeiro sábado 17 de agosto, ás 12.00 horas, o Concello de Arzúa celebrará un acto solemnne de lembranza a Juan Manuel Vidal, antigo alcalde do municipio, que foi fusilado polo réxime franquista. Este pretende ser, ademais, «un acto de lembranza de todas as galegas e galegos que loitaron pola liberdade fronte ao fascismo» explicou o actual alcalde, Xoán Xesús Carril.

O evento terá lugar na Praza de Galiza, fronte ao busto de Juan Manuel Vidal, «e celebrarase o vindeiro sábado 17 de agosto, data que desde hai anos se reivindica como Día da Galiza Mártir» explicou Carril.

Desde o Concello sinalan que será «unha xornada de memoria e reivindicación da liberdade e dos valores democráticos na que, ademais doutras intervencións,  haberá tamén unha pequena actuación de Xosé Luís Rivas «Mini», mestre e músico de longa traxectoria recoñecida e persoa comprometida coa recuperación da memoria histórica» explicaron.

O Concello de Arzúa convida a toda a veciñanza a participar neste acto de homenaxe e a reflexionar sobre a importancia de manter viva a memoria democrática para que feitos así non volten acontecer e seguir a reclamar xustiza e reparación para as vítimas do franquismo.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.