ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio

Arzúa, 2 de outubro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 16.800 euros. O importe de cada subvención será de 800 euros por anualidade e parroquia.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de octubre de 2024 a las 14:10

Compartir

Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. O extracto da convocatoria saíu publicado no BOP número 190 de hoxe, 2 de outubro.

Dende o Concello de Arzúa preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional, sendo clave as festas parroquiais. Procede polo tanto fomentar e incentivar a celebración das mesmas, e para isto o Concello de Arzúa colabora economicamente coas diferentes entidades organizadoras.

As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende mañá e ata o 20 de outubro de 2024 ás 23:59h.

Tanto as bases da convocatoria como os formularios necesarios para a solicitude están a disposición das persoas interesadas na páxina web www.arzua.gal e na Oficina de Cultura e Deportes do Concello de Arzúa.

Etiquetas

arzuafestassubvencions
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Fontiñas celebra do 12 ao 14 de xuño unhas festas cheas de música, vermú e ambiente de barrio
Actualidad

Fontiñas celebra do 12 ao 14 de xuño unhas festas cheas de música, vermú e ambiente de barrio

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»