ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa celebra o Día do Turismo cun tren turístico para descubrir os tesouros do municipio

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de septiembre de 2024 a las 17:44

Compartir

Arzúa, 23 de setembro de 2024.- Con motivo do Día Internacional do Turismo, o Concello de Arzúa organiza un tren turístico que percorrerá os principais puntos de interese da vila e a contorna. Esta actividade está, especialmente, destinada ao alumnado dos centros educativos do municipio e aos usuarios da Residencia San José.

Para organizar esta actividade a concelleira de Turismo, Begoña Balado, reuniuse con: Cruz Leiva, directora do CEIP Arzúa, Ángeles Santa Marta, responsable do Colexio Nosa Señora do Rosario e Concepción Freire, directora da Residencia San José. Nesta xuntanza fíxose fincapé na necesidade de que cativos e maiores coñezan o patrimonio e cultura do seu entorno.

Begoña Balado, concelleira de Turismo, reunida con Cruz Leiva, directora do CEIP Arzúa,Ángeles Santamarta, responsable do Colexio Nosa Señora do Rosario e Concepción Freire, directora da Residencia San José.
O xoves 26 e venres 27 pola mañá, o alumnado do Colexio Nosa Señora do Rosario e do CEIP de Arzúa coñecerán a riqueza cultural e paisaxística da vila a través dunha viaxe en tren turístico que permitirá achegar as raíces e tesouros de Arzúa a esta parte da veciñanza. Esta actividade realizarase en horario de mañá.

O xoves 26 pola tarde será a quenda para os usuarios e usuarias da Residencia San José que pasarán unha tarde de ledicia visiando puntos de interese como Castro Curbín.

O venres pola tarde,.a partir das 16:00 horas e cunha frecuencia dunha hora o tren turístico estará dispoñible para a veciñanza que desexe participar nesta iniciativa turística. Esta actividade é de balde e ten o punto de saída no Multiusos Terra do Queixo.

Para guiar esta viaxe turística, Arzúa conta con Xan Veiga, actor e arzúan do ano que ofrecerá interesantes anécdotas sobre a historia e o patrimonio do municipio.

A concelleira de Turismo de Arzúa, a socialista Begoña Balado, destacou que “celebrar o Día Internacional do Turismo con esta iniciativa é unha forma de poñer en valor o noso territorio e o que representa

Arzúa, promovendo o coñecemento do noso patrimonio tanto entre os veciños como entre os visitantes.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O tren turístico será unha forma divertida e educativa e redescubrir a nosa contorna, e contar coa presenza de Xan Veiga é un privilexio que fará deste percorrido algo especial”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.