ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa aproba melloras na rede viaria, instalacións deportivas e saneamento

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de febrero de 2026 a las 21:16

Compartir
  • Case 60.000 € nos camiños de Carballeira–Ventorrillo (Brandeso–Viñós) e Carballeira–Igrexa (Viñós) · Preto de 200.000 € para a piscina municipal e o gradarío do campo de fútbol · Preto de 187.000 € para o saneamento en Outeiro · Máis de 80.000 € para unha senda na Rúa Rego da Raña

Arzúa, 19 febreiro de 2026. A última Xunta de Goberno Local do Concello de Arzúa aprobou varios acordos centrados na mellora de infraestruturas municipais e camiños, tanto no ámbito rural como no núcleo urbano. As actuacións atópanse en distintas fases administrativas, desde a adxudicación definitiva ata o inicio do procedemento de contratación, segundo o estado de cada expediente.

Mellora de camiños nas parroquias de Brandeso e Viñós

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da obra denominada “Camiño de Carballeira (Brandeso) a Ventorrillo (Viñós) e outro”, cun investimento de case 58.000 euros (IVE incluído).

A intervención inclúe dúas actuacións:

  • O tramo de 650 metros entre Carballeira (Brandeso) e Ventorrillo (Viñós).

  • O tramo de aproximadamente 1,2 quilómetros entre Carballeira e a Igrexa (Viñós).

As obras contemplan mellora do firme, reparación de baches, reforzo da base, ampliación puntual do ancho en determinados treitos, limpeza de gabias e drenaxes e colocación de sinalización vertical

A adxudicación implica que o procedemento de contratación xa rematou e que existe empresa seleccionada para executar os traballos. O seguinte paso será a formalización do contrato e o inicio das obras.

Mellora da seguridade viaria na Rúa Rego da Raña

A Xunta de Goberno tratou a proposta de adxudicación da actuación de mellora da seguridade viaria na Rúa Rego da Raña, cun orzamento de proxecto de arredor de 84.000 euros.

A intervención contempla a execución dunha senda de 310 metros, iluminación mediante 18 balizas, sinalización horizontal e a instalación de catro bancos e catro papeleiras.

A proposta de adxudicación significa que as ofertas xa foron avaliadas e que existe unha empresa proposta para executar a obra, pendente da formalización definitiva do contrato

Recuperación das instalacións deportivas municipais

A Xunta de Goberno acordou aprobar e iniciar o expediente de contratación da obra “Recuperación das instalacións deportivas”, cun investimento de preto de 200.000 euros (IVE incluído), financiado nun 80 % pola Deputación e nun 20 % polo Concello.

As actuacións céntranse na piscina municipal e no gradarío do campo de fútbol, e inclúen melloras de impermeabilización e revestimentos, renovación de zonas deterioradas polo paso do tempo, acondicionamento da contorna da piscina e intervencións no gradarío para reducir filtracións e mellorar a protección fronte á choiva.

O inicio do expediente de contratación supón que o proxecto técnico e o orzamento están aprobados e que se publicará a licitación para que as empresas interesadas presenten oferta.

Ampliación da rede de saneamento no núcleo de Outeiro

Tamén se aprobou iniciar a contratación da obra “Saneamento en Outeiro”, cun investimento de preto de 187.000 euros.

O proxecto prevé a execución de aproximadamente 1,3 quilómetros de tubaxe, co obxectivo de conectar o núcleo de Outeiro coa rede municipal existente.

Neste caso, a actuación atópase na fase inicial do procedemento de contratación.

As actuacións aprobadas responden á planificación municipal en materia de mantemento, mellora de infraestruturas e reforzo dos servizos básicos, tanto no rural como no ámbito urbano.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello continuará informando da evolución dos distintos expedientes a través das súas canles oficiais.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.