ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Arredor de 80 ciclistas participaron na XVII edición da Carreira do Pavo

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de diciembre de 2024 a las 20:48

Compartir
  • A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 22 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Juan José Bodelo e Xoel Blanco, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente
  • Nesta proba participaron arredor de 80 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 10, 15, 20 e 25,  e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba

Ames, 23 de decembro de 2024.- A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 22 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Juan José Bodelo e Xoel Blanco, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba participaron arredor de 80 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Repartíronse sete premios, catro para os sprint especiais e disputados nas voltas 10, 15, 20 e 25,  e outros tres premios para os tres primeiros clasificados da proba.

Arredor de 80 ciclistas participaron este domingo na XVII Carreira Ciclista do Pavo. Os participantes tiveron que dar 30 voltas ao circuíto, duns 1.100 metros de lonxitude. O gañador da proba foi Tomás Pombo, do Club ciclista padronés Aluminios Cortizo, mentres que na segunda e terceira posición quedaron Juan José Bodelo, do Club ciclista Compostelano Muebles Compostela, e Xoel Blanco, do Club Cocinas Lasal.

Ademais, ao comezo das voltas 10, 15, 20 e 25 realizáronse catro sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores. Os premios dos sprints foron para Alexandre Rodríguez, do Club ciclista Cambre; Cristián Lapido, do Club ciclista Oiense; Ángel Maneiro, do grupo deportivo supermercados Froiz; e Tomás Pombo, do Club ciclista padronés Aluminios Cortizo.

Como xa é habitual, os premios da carreira consistiron na entrega dun pavo, un polo e unha perdiz para o primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. Cómpre sinalar que non se trata de animais vivos, e que estes obsequios se entregan ás primeiras persoas en cruzar a meta, ao só haber unha categoría de competición.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No acto da entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e outros/as concelleiros/as do grupo de goberno, así como representantes do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego de Ames.

Etiquetas

amesdeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación