ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaNoticia LíderPolítica

Arrancan as festas de verán de Boiro con tributos a Sabina e U2: esta é a programación completa

O alcalde presenta unhas festas multitudinarias e avanza un proxecto inmobiliario de 902 vivendas que reforzará o crecemento e a cohesión social de Boiro

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de julio de 2025 a las 13:00

Compartir

Boiro abre as portas ao verán cun programa festivo ambicioso, pensado para todas as idades, e un dos maiores proxectos urbanísticos da súa historia recente. Así o explicou o alcalde, José Ramón Romero, nunha entrevista coa emisora Radio Líder Santiago, onde detallou tanto o operativo das festas como o novo plan urbanístico que acollerá 902 vivendas en primeira liña de praia, das cales 188 estarán protexidas para garantir o acceso á vivenda a persoas da comarca.

“Desde o venres pasado están chamando inmobiliarias de toda España interesadas polo proxecto. Iso demostra que Boiro é atractivo, pero tamén que existe unha demanda real e urxente de vivenda”, explicou o alcalde.

UNHAS FESTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS

O calendario festivo de Boiro, que se desenvolverá do 4 ao 9 de xullo, será o máis diverso dos últimos anos. O cartel inclúe actuacións de Panorama, París de Noia, Marbella e Orquestra Suavecito, tributos a Joaquín Sabina e U2, ademais do Remember Fest e actividades tradicionais como a maia. O Concello organizará as celebracións en tres espazos diferenciados: Praza do Concello, Parque da Cachada e a zona da Terceira Idade, para adaptarse aos gustos de todo o público.

“Desde que chegamos en 2019, organizamos as festas desde a área de Cultura municipal. O obxectivo é facer unha programación pensada para toda a cidadanía, sen esquecer a colaboración co tecido asociativo como as peñas xuvenís”, explicou Romero.

A programación, ademais de apostar pola música, incorpora actividades infantís e reforza o dispositivo de seguridade, limpeza e recollida de lixo. “Queremos que todo estea impecable cada mañá, aínda que os equipos teñan que traballar de noite”, apuntou o alcalde, agradecendo o labor do persoal municipal.

O alcalde recoñeceu a preocupación polo recente suceso violento acontecido en Ribeira, lembrando que “a comarca é segura e este foi un episodio puntual, pero preocupante”. Insistiu en que “debe imperar o sentido común e reforzarse a seguridade se é necesario”.

Tamén falou das praias de Boiro como “o mellor reclamo turístico”, cun servizo de 14 socorristas xa activo en Barraña, Carragueiros e Mañóns. Aínda que o concello non conta con piscina municipal ao aire libre, o alcalde apuntou que “as praias son excelentes e teñen todos os servizos, incluídos chiringuitos privados”.

902 VIVENDAS: PROXECTO DE FUTURO

Un dos anuncios estrela da entrevista foi a confirmación do inicio do proxecto para construír 902 vivendas no centro urbano, ao carón do mar, con 2.817 prazas de aparcamento, 30.757 m² de zonas verdes e 14.300 m² para equipamentos públicos. Ademais das vivendas, o plan contempla baixos comerciais e posibles parcelas para uso hoteleiro.

“Temos a intención de ter aprobado o proxecto de urbanización antes do 31 de decembro. Isto vai xerar emprego, dinamizar o comercio e cubrir unha necesidade social real”, afirmou.

Romero subliñou que non só haberá vivendas vacacionais: “A nosa prioridade é que sexan para vivir todo o ano, para a xente do propio Boiro e da comarca”.

Durante a conversa, o alcalde destacou a colaboración constante co comercio local e coa Asociación Boirense de Empresarios. A campaña estival, sinalou, é un esforzo conxunto para “mostrar Boiro como destino acolledor, con actividade comercial e cultural constante”.“As festas non son só música. Son convivencia, identidade e motor económico. Boiro está en movemento e queremos que toda Galicia o saiba”, concluíu o rexedor.

As festas de Boiro arrancan este venres e prometen ser, un ano máis, un referente de participación e convivencia na comarca do Barbanza. Cun concello mobilizado en todos os ámbitos ―desde o cultural ata o urbanístico―, o verán 2025 marca unha etapa de consolidación e futuro para o municipio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcalde de boiroboirofesta de boiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares
Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

O Pazo de Goiáns acolleu o III Certame de Regueifas no que participan os centros de ensino
Comarca

O Pazo de Goiáns acolleu o III Certame de Regueifas no que participan os centros de ensino

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Boiro recupera o trofeo no que participan os clubs de fútbol do municipio
Deportes

Boiro recupera o trofeo no que participan os clubs de fútbol do municipio