ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Arranca unha nova edición dos Encontros co Alcalde

O alcalde, Blas García, destaca que “facemos estes encontros todos os anos porque para nós é fundamental manter, ao longo dos catro anos, un contacto directo coa veciñanza. Queremos escoitar de primeira man cales son as súas necesidades, así como coñecer tanto as cousas positivas como aquelas que se poden mellorar”

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de abril de 2026 a las 00:22

Compartir

Ademais, o rexedor municipal engade “de maneira paralela, realizamos mensualmente un programa en Ames Radio para dar resposta ás preguntas da cidadanía e, por suposto, dende o primeiro día de mandato, o meu despacho está aberto a calquera persoa que o precise. Así é como entendo a política municipal”

Ames, 20 de abril de 2026.- O Goberno municipal do Concello de Ames inicia mañá, martes 21 de abril, ás 20.00 horas, na Escola unitaria de Covas, unha nova edición dos Encontros co Alcalde, unha rolda de visitas polas parroquias do municipio entre os meses de abril e xuño, co obxectivo de explicar o traballo que se está realizando dende o Concello, aclarando as dúbidas que poida ter a veciñanza sobre algún tema concreto e, por último, tomar nota das reclamacións e demandas.

A Escola unitaria de Covas acollerá este martes, 21 de abril, a primeira xuntanza dos Encontros co Alcalde neste 2026. A partir das 20.00 horas, os veciños e veciñas terán á súa disposición un espazo no que seren escoitados, á vez que recibirán resposta a todas as súas dúbidas e poderán facer as demandas que estiven oportunas.

Durante os meses de abril, maio e xuño, Blas García recorrerá as parroquias do concello, nun exercicio de escoita que ten como obxectivo comprender os problemas da veciñanza. En cada xuntanza o rexedor municipal estará acompañado polos concelleiros e concelleiras do goberno municipal. A seguinte reunión, que será tamén no mes de abril, celebrarase no Local social de Lens, o vindeiro martes 28 de abril, tamén ás 20.00 horas.

O alcalde, Blas García, destaca que “facemos estes encontros todos os anos porque para nós é fundamental manter, ao longo dos catro anos, un contacto directo coa veciñanza. Queremos escoitar de primeira man cales son as súas necesidades, así como coñecer tanto as cousas positivas como aquelas que se poden mellorar”.

Ademais, o rexedor municipal engade “de maneira paralela, realizamos mensualmente un programa en Ames Radio para dar resposta ás preguntas da cidadanía e, por suposto, dende o primeiro día de mandato, o meu despacho está aberto a calquera persoa que o precise. Así é como entendo a política municipal”.

Encontros nos meses de maio e xuño

No mes de maio haberá outras seis xuntanzas: o mércores, 6 de maio, ás 20:00 horas, no Local social de Augapesada; o xoves, 7 de maio, ás 20.00 horas, no Local social de Trasmonte; o martes, 12 de maio, ás 21:00 horas, no Local social de Tapia; o martes, 19 de maio, ás 20.00 horas, no Local social da Ameixenda; o martes, 26 de maio, ás 20.00 horas, no Local social de Biduído; e o mércores, 27 de maio, ás 20.00 horas, no Local social de Agrón.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, no mes de xuño haberá tres encontros máis: o martes, 2 de xuño, ás 20.00 horas, no Local social de Piñeiro; o xoves 4 de xuño, ás 20.00 horas; no Local social de Ortoño (A Tarroeira); e  o martes 16 de xuño, ás 20.00 horas, no Local social de Bugallido.

Etiquetas

amesencontros co alcalde
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.