ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Aprobada a licenza de construcción de tres novos edificios en Bertamiráns con 79 vivendas

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de julio de 2025 a las 11:54

Compartir
  • Outorgase licenza para a construción de tres edificios na Travesía da Peregrina e na rúa Rueiro, en Bertamiráns, cun total de 79 vivendas, garaxes, rochos e locais
  • O alcalde de Ames, Blas García, explica que “seguimos traballando para que Ames sexa un lugar onde vivir sexa máis fácil, accesible e de calidade. A promoción de vivenda, tanto pública como privada, é unha prioridade absoluta deste goberno”

Ames, 11 de xullo de 2025.- A Xunta de Goberno Local aprobou o 19 de xuño e o 3 de xullo tres licenzas de obra para a construción de tres novos edificios en Bertamiráns cun total de 79 vivendas. Un dos edificios albergará 16 vivendas na Travesía da Peregrina; o segundo edificio disporá de 27 vivendas na parcela R-2 APE B7-01 situada na rúa Rueiro; e o terceiro terá 36 vivendas na parcela R-12 APE B7-01, situado tamén na rúa Rueiro. Deste xeito, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Urbanismo, aposta de forma decidida por potenciar a vivenda no municipio, tanto de carácter público como privado, coa finalidade de dar resposta á demanda habitacional e facilitar e abaratar o acceso á vivenda en Ames.

Dende o departamento de Urbanismo do Concello de Ames estase traballando para a construción de nova vivenda por parte de promotores privados. Esta medida busca atraer investimento, dinamizar o solo urbano e fomentar unha oferta diversa e equilibrada de vivenda no termo municipal. Dende o Goberno local sinalan que estas accións forman parte dunha estratexia integral para facilitar o acceso á vivenda e fomentar un urbanismo sostible, cohesionado e adaptado ás necesidades reais da veciñanza.

O alcalde de Ames, Blas García, explica “seguimos traballando para que Ames sexa un lugar onde vivir sexa máis fácil, accesible e de calidade. A promoción de vivenda, tanto pública como privada, é unha prioridade absoluta deste goberno. O traballo en materia de vivenda foi iniciado fai anos coa posta a disposición da veciñanza máis desprotexida de 69 vivendas baleiras propiedade dunha entidade bancaria e continuará durante todo o mandato. O goberno local traballa en conxunto coa Xunta de Galicia, Sareb, Goberno de España e promotores privados para aumentar o parque de vivenda e abaratar o prezo da mesma”.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 19 de xuño dúas licenzas de obra para a construción de dous edificios de vivendas. O primeiro edificio estará situado na Travesía da Peregrina, onde se van a construír 16 vivendas e prazas de garaxe e rochos. A superficie construída é de 2.878,75 metros cadrados. Dito edificio disporá de primeiro soto, planta baixa, tres plantas altas e baixo cuberta. En dito proxecto incorporase o traslado dun hórreo catalogado e a execución de novos peches de parcela, así como obras accesorias de urbanización no fronte da parcela. Ademais, para a execución do edificio é necesaria a demolición dunha edificación existente na parcela.

Ademais, outorgouse licenza de obra maior para a construción dun segundo edificio de 27 vivendas garaxes, rochos e local sen uso específico. Dito edificio estará situado na parcela R-2 APE B7-01 da rúa Rueiro, ao carón do parque do Ameneiral.

Por último, na Xunta de Goberno Local do pasado 3 de xullo concedeuse licenza de obra maior para a construción dun edificio destinado a 36 vivendas, garaxes, rochos e locais. Este edificio estará localizado na parcela R-12 APE B7-01, situado tamén na rúa Rueiro, e dentro da contorna do parque do Ameneiral. A superficie construída será de 6.076,46 metros cadrados.

Construción de vivenda de protección oficial no Milladoiro

Por outra banda, o Concello de Ames e a Xunta de Galicia asinaron o pasado 20 de xuño un protocolo para a creación de 218 vivendas de protección oficial no Milladoiro. Deste xeito, póñense a disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo un total de seis parcelas situadas no Milladoiro.

En total cédense 6.152 metros cadrados de terreo, que se poden urbanizar, e no que se poden construír 218 vivendas. Estímase que nas cinco parcelas situadas en Galdrachán se van construír 140 vivendas (28 en cada parcela), mentres que na parcela que linda coa rúa dos Agriños construiranse 78 vivendas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O rexedor municipal indica que “a sinatura deste protocolo é algo prioritario para un concello coma Ames que ten un incremento demográfico todos os anos e que é dos poucos de Galicia cun saldo vexetativo positivo”.

Etiquetas

amesvivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán