ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Anxo Arca pide claridade ao BNG tras o acordo co PP para cubrir vacantes na Corporación

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de septiembre de 2024 a las 23:40

Compartir
  • A voceira do Bloque Nacionalista Galego, Beatriz Rei, asinou, xunto a tres concelleiros do Partido Popular, a convocatoria dun pleno extraordinario para cubrir as vacantes deixadas polas recentes dimisións
  • O alcalde expresou a súa sorpresa e insta ao BNG a «aclarar se vai continuar apoiando ao goberno de progreso de Padrón ou se vai facilitar o retorno de quen mantivo ao noso pobo nun estado lamentable de atraso e abandono»

Padrón. 03-09-2024.- A Corporación Municipal de Padrón vive un momento de incerteza tras o recente acordo entre o BNG e o Partido Popular (PP).

A voceira do BNG de Padrón, Beatriz Rei, asinou, xunto a tres concelleiros do PP, a convocatoria dun pleno extraordinario para cubrir as vacantes deixadas polas recentes dimisións no grupo popular.

O pleno, celebrado este martes 3 de setembro ás 12:00 horas, foi convocado para cubrir as tres vacantes producidas tras as dimisións do exalcalde Antonio Fernández, Lorena Couso e José Ramón Pardo. A sinatura de Beatriz Rei permitiu que o pleno se levase a cabo, sumándose ás dos concelleiros populares Javier Gillán, Andrés García Bustelo e María del Carmen Bustelo. Sen embargo, a propia voceira nacionalista decidiu non asistir á sesión, o que alimenta aínda máis as especulacións sobre as intencións do BNG.

Trátase do primeiro documento que plasma un acordo entre o BNG e o Partido Popular e esperta a especulación sobre unha posible moción de censura.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, expresou a súa sorpresa ante este acordo inesperado entre o BNG e o PP, instando ao BNG a «aclarar se vai continuar apoiando ao goberno de progreso de Padrón ou se vai facilitar o retorno de quen mantivo ao noso pobo nun estado lamentable de atraso e abandono».

Arca subliñou que “en maio de 2023 as padronesas e padroneses decidiron dar a maioría ao PSdeG-PSOE, tumbando a maioría absoluta do Partido Popular. O BNG debe deixar clara cal é a súa postura ao respecto: se quere respectar á cidadanía ou facer de muleta do PP”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Mentres se espera unha resposta clara por parte do BNG, o alcalde Anxo Arca asegurou que “o goberno municipal de Padrón continuará a traballar para garantir as melloras necesarias para que o noso pobo siga na senda de progreso deste último ano, actuando en todos os territorios e en todas as instalacións municipais”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.