ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaEducaciónSociedad

Ames resolve a convocatoria de axudas para a adquisición de libros e material escolar

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de diciembre de 2023 a las 20:20

Compartir
  • Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas
  • O importe total concedido a través desta liña de axudas ascende a 1.386.69 euros
  • As contías das subvencións en ningún caso excederon os 120 euros por alumno

Ames, 19 de decembro de 2023.- A Xunta de Goberno Local do pasado 23 de novembro aprobou a resolución da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e
material escolar, destinadas ao alumnado que cursou algún nivel do segundo ciclo de educación infantil no curso 2022-2023 nalgún dos centros escolares públicos do concello.

Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas. O importe total concedido a través desta liña de axudas ascende a 1.386.69 euros.

Esta liña de axudas beneficia ás familias de nenos e nenas que estiveron matriculados/as nun centro escolar sostido con fondos públicos durante o curso 2022-2023, na segunda etapa de Educación Infantil (de 3 a 5 anos). O criterio empregado para o reparto de axudas foi a renda per cápita familiar dos solicitantes, determinada sumando os ingresos anuais de todos os membros da unidade familiar maiores de idade e dividíndoo entre o número de membros. Deste xeito, establecéronse tamén as contías das subvencións, que en ningún caso excederon os 120 euros por alumno.

Esta convocatoria busca facilitar a compra de libros de texto e materiais didácticos para o correcto desenvolvemento da actividade académica, de maneira que a poboación escolar integrada en familias con menos recursos dispoña do material educativo preciso para a súa aprendizaxe na etapa de infantil, unha franxa de idade que carece de axudas deste tipo por parte da administración autonómica.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Deste xeito, na Xunta de Goberno Local celebrada o día 23 de novembro aprobouse o pagamento dun total de 1.386.69 euros a 25 alumnos e alumnas. Presentáronse un total de 48 solicitudes, das cales 25 foron aceptadas e 23 denegadas (14 denegadas por RPC>100% do IPREM e 9 por non atender o requirimento de documentación realizado).

Etiquetas

amesAxudaseducacionmaterial escolar
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación