ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Ames recolle un vertedoiro incontrolado en Alto do Vento e iniciará un expediente sancionador

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de febrero de 2024 a las 19:14

Compartir

 

 

A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames, recolleu esta semana un novo vertedoiro incontrolado, que previamente os axentes da Policía Local detectaron xunto aos colectores de lixo da urbanización O Bosque Animado, en Ventosa, na parroquia de Covas

Os axentes da Policía Local atoparon entre o lixo cartóns con datos persoais, que lle permitiron identificar a dúas persoas. O Concello de Ames iniciará un expediente sancionador para depurar responsabilidades

O vertedoiro atopado estaba composto por restos de poda, mobiliario de terraza e enseres de todo tipo. O lixo foi trasladado ao Punto Limpo, onde se fixo unha separación adecuada, para o seu posterior tratamento

Ames, 22 de febreiro de 2024.- A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames, recolleu esta semana un novo vertedoiro incontrolado, que previamente os axentes da Policía Local detectaron xunto aos colectores de lixo da urbanización O Bosque Animado, en Ventosa, na parroquia de Covas. Houbo que recoller unha gran cantidade de lixo nas proximidades dos colectores, composto principalmente por restos de poda, mobiliario de terraza e enseres de todo tipo. Dende o Concello de Ames inciden na importancia de coidar o medio ambiente e fan un chamamento ao sentido común e civismo da veciñanza. O lixo foi trasladado ao Punto Limpo, onde se fixo unha separación adecuada, para o seu posterior tratamento.

Dende o Concello de Ames, que está traballando na conservación dos recursos naturais e o mantemento do equilibrio ecolóxico, apélase unha vez máis á colaboración cidadá co fin de evitar que este tipo de condutas incívicas se repitan, e informa a todos os amesáns que abandonar residuos en lugares non autorizados, ademais de contribuír á contaminación ambiental e afear a contorna, poden supoñer sancións económicas que dependendo da gravidade poden ir dende 900 euros ata 9.000 euros.

Esta semana o persoal da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza viaria e do punto limpo do concello de Ames, recolleu un novo vertedoiro incontrolado xunto aos colectores de lixo da urbanización O Bosque Animado, en Ventosa, na parroquia de Covas. O vertedoiro foi detectado polos axentes da Policía local despois de recibir unhachamada teléfono advertindo da presencia dunha gran cantidade de lixo no devandito lugar.

Inicio de expediente sancionador

Os axentes da Policía Local atoparon entre o lixo cartóns con datos persoais, que lle permitiron identificar a dúas persoas. O Concello de Ames iniciará un expediente sancionador para depurar responsabilidades.

O vertedoiro atopado estaba composto por restos de poda, mobiliario de terraza e enseres de todo tipo. O lixo foi trasladado ao Punto Limpo, onde se fixo unha separación adecuada, para o seu posterior tratamento.

Punto Limpo e recollida de voluminosos

O Concello de Ames lembra que hai a disposición da veciñanza amesá dous números de teléfono, 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, para a recollida de residuos voluminosos (como mobles, cadeiras, colchóns). Neste número débese indicar o tipo de residuo que se quere tirar e establécese o punto onde se debe deixar (na maioría dos casos xunto ao colector de lixo máis próximo á vivenda) e o día no que se fará a recollida.

Ademais, Ames conta cun Punto Limpo, situado na rúa das Hedras do parque empresarial do Milladoiro, ata o que poden achegarse todos os cidadáns que queiran desfacerse daqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Punto limpo móbil

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, en abril de 2023 comezou a funcionar o Punto Limpo móbil. Trátase dun vehículo adaptado que percorre os diferentes lugares e parroquias de Ames, cuns horarios e puntos prefixados, normalmente ao carón das Casas da Cultura ou locais sociais de cada parroquia, co obxectivo de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública. O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde. Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles

Etiquetas

amesradio lider santiagosancionvertedoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego