ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

EconomíaPolítica

Ames recibe o Premio Cegasal pola súa aposta á economía social e o emprego

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de noviembre de 2023 a las 17:36

Compartir
  • O Concello de Ames foi premiado este martes, 21 de novembro, co premio Cegasal á Administración Local debido “a súa longa traxectoria apostando pola economía social e os centros especiais de emprego de iniciativa social”. O galardón entregouse no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela
  • Recolleron o premio o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. O rexedor destacou que “o Concello de Ames ten como prioridade principal que a súa veciñanza viva cunha boa calidade de vida. É fundamental para cumprir este obxectivo que a xente poida formarse e traballar, pois esta é a base de todo proxecto de vida”

Ames, 22 de novembro de 2023.- O Concello de Ames foi premiado este martes, 21 de novembro, co premio Cegasal á Administración Local debido “a súa longa traxectoria apostando pola economía social e os centros especiais de emprego de iniciativa social”. O galardón entregouse no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.

Recolleron o premio o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. O rexedor destacou que “o Concello de Ames ten como prioridade principal que a súa veciñanza viva cunha boa calidade de vida. É fundamental para cumprir este obxectivo que a xente poida formarse e traballar, pois esta é a base de todo proxecto de vida”. García finaliza destacando que “non é casualidade que Ames é o único concello de Galicia que medra. Gobernamos por e para a xente, para que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades sen condicionante algún”.

Pola súa parte a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, apuntou que “este non é o recoñecemento ao traballo dun ano, este é o premio ao empeño do Concello de Ames por mellorar a vida da xente. Seguiremos traballando nesta liña os próximos catro anos. Formación, integración laboral e axuda ao emprendemento son as liñas mestras de traballo desta Concellaría”

Dende Cegasal describen ao Concello de Ames como “un exemplo de como xestionar un municipio sen deixar a ninguén atrás, así como de sensibilidade para os que teñen maiores dificultades”.

Cegasal

Cegasal é unha organización empresaria sen ánimo de lucro de carácter multisectorial que se constitúe en 1997 como entidade de referencia, defensa, promoción erepresentación das iniciativas empresariais sen ánimo de lucro de Economía Social, como son os Centros Especiais de Emprego cuxo obxectivo é fomentar o emprego de calidade das persoas con discapacidade e persoas en situación de risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

ameseconomiaempregopremio cegasal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación