ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Ames promove o acceso á cultura con entradas a metade de prezo grazas aos bonos culturais

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de enero de 2024 a las 14:18

Compartir

 

 

  • O vindeiro domingo, 7 de xaneiro, remata o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano
  • Os 40 bonos que a Concellería de Cultura puxo a disposición da veciñanza, cun prezo de 25 euros, permiten acceder aos dez espectáculos programadas para o público adulto cun desconto do 50% sobre o importe total das entradas
  • As entradas individuais estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xaneiro
  • A primeira representación, unha obra dramática titulada “Unha inimiga do pobo”, representarase o 19 de xaneiro ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, da man de Talía Teatro

Ames, 4 de xaneiro de 2024.- O vindeiro domingo, 7 de xaneiro, remata o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano. Os 40 bonos que a Concellería de Cultura puxo a disposición da veciñanza, cun prezo de 25 euros, permiten acceder aos dez espectáculos programadas para o público adulto cun desconto do 50% sobre o importe total das entradas. O trámite realizase en poucos minutos a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames . Pola súa banda, as entradas individuais estarán dispoñibles a partir do luns 8 de xaneiro. Desde a Concellaría de Cultura anímase á veciñanza a que regale cultura este Nadal a través de
ditos bonos.

Os bonos culturais retíranse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames en apenas seis pasos . En primeiro lugar, cómpre estar rexistrado na Billeteira e acceder ao panel interno. Dende alí, e a través do menú lateral esquerdo, haberá que seleccionar a opción “Compra de bonos”. A través desta opción, indicaranse o número de bonos a retirar e as butacas que quedarán reservadas para os dez espectáculos, que serán sempre as mesmas, tanto para as funcións no auditorio do Milladoiro como no de Bertamiráns. Unha vez realizado o pago, recibirase a entrada de bono vía correo electrónico, que poderá empregarse para asistir aos dez eventos que inclúe.

A programación orientada ao público adulto conta cun total de dez espectáculos. A oferta inclúe tanto danza como teatro de distintos xéneros e temáticas. Entre todos eles destacan a comedia e o drama, con tres espectáculos de cada xénero, así como unha obra de teatro contemporáneo. Dentro da danza, ofértanse dous espectáculos: un contemporáneo e outro de carácter máis tradicional. As funcións, que se representarán entre xaneiro e maio, están distribuídas de maneira equitativa entre os auditorios das Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. Pódese programación cultural completa premendo nesta ligazón . Estas programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Entradas individuais dispoñibles a partir do 8 de xaneiro

Pola súa banda, as entradas poderán adquirirse unha vez remate a venda de bonos, a partir do luns 8 de xaneiro, na Billeteira electrónica do Concello ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou O Milladoiro unha hora antes do comezo dos espectáculos. Haberá prezo reducido do 50% do custo ordinario para estudantado con carné de estudante, as persoas maiores de 60 anos, a rapazada menor de 12 anos, as familias numerosas, a mocidade co carné xove e as persoas demandantes de emprego.

Primeira obra: “Unha inimiga do pobo”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Dentro da programación para público adulto, ofrécense oito espectáculos de teatro e dous de danza. O primeiro deles, unha obra dramática titulada “Unha inimiga do pobo”,
representarase o 19 de xaneiro ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, da man de Talía Teatro. Trátase dunha adaptación da obra homónima de Henrik Ibsen, na que se denuncia a política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que invita a reflexionar sobre o papel dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública.

Etiquetas

amesbonoscultura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación