Ames prevé abrir os comedores escolares con total normalidade mañá luns
A primeira hora realizarase unha última comprobación por parte dos técnicos de Sanidade e unha posterior xuntanza no Concello cos departamentos de Promoción da Saúde, Educación, Alcaldía e os servizos técnicos municipais
Líder Redacción
19 de mayo de 2024 a las 22:39
O alcalde, Blas García: “Ante calquera impedimento que poida xurdir o Concello de Ames ten capacidade para prestar o servizo de forma segura”
Ames, 19 de maio de 2024.- Previsiblemente os comedores escolares de Ames abrirán con normalidade no día de mañá. A información da que se dispón na actualidade indica que é seguro prestar o servizo aínda que serán os técnicos da Consellería de Sanidade os que o determinen no día de mañá, a primeira hora da mañá, a forma de proceder.
Realizarase unha reunión interdepartamental á que estarán convidados representantes da Consellería de Sanidade e, ante calquera imprevisto que impida a normal apertura das instalacións, o Concello de Ames garantirá os medios necesarios para un desenvolvemento seguro do servizo de conciliación. Blas García asegura que “ante calquera impedimento que poida xurdir o Concello de Ames ten capacidade para prestar o servizo de forma segura”.
Durante a semana que vén as probas realizadas tanto as mostras de comida como a pacientes revelarán a causa deste cadro de gastroenterite.



