ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Ames presenta denuncia ante SEPRONA e a Policía Autonómica polo vertido no río Sar

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de octubre de 2025 a las 18:49

Compartir
  • Augas de Ames fíxolle chegar ao ente autonómico e ás autoridades un informe técnico sobre a situación do Sar ao seu paso por Ames durante o día 12 de outubro
  • Ames esixirá a asunción de responsabilidades e a reparación do dano causado
  • Durante o día de hoxe vén de reiterarse unha solicitude de información ante Augas de Galicia sobre a vertedura

Ames, 14 de outubro de 2025.- O Concello de Ames presentará denuncia ante o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e a Policía Autonómica pola vertedura detectada nos últimos días no río Sar, que está a afectar aos municipios de Ames, Brión e Rois. Desde o goberno local non se descartan máis accións legais ou administrativas co obxectivo de garantir a asunción de responsabilidades e a reparación do dano ambiental causado.

Así mesmo, o Concello de Ames remitiu a Augas de Galicia, á Policía Autonómica e á Garda Civil un informe técnico elaborado por Augas de Ames, no que se detallan as observacións realizadas o pasado domingo, 12 de outubro, sobre o estado do río ao seu paso polo termo municipal. Ademais, reiterouse ante o ente autonómico a solicitude de información completa sobre a orixe e evolución da vertedura, ofrecendo de novo a colaboración do persoal técnico municipal para todas as actuacións necesarias.

Durante a xornada de hoxe, técnicos de Augas de Galicia comunicaron que a orixe das incidencias estaría relacionada cos traballos de posta en marcha da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Santiago de Compostela, e enviaron unha comunicación escrita ao Concello de Santiago. Este, pola súa parte, informou de que a sociedade estatal Acuaes “notificou problemas na posta en servizo da primeira fase da EDAR e agarda que esta semana se normalicen os procesos”.

Informe técnico de Augas de Ames

Nas últimas semanas, Augas de Ames recibiu numerosas comunicacións de veciños e usuarios do núcleo urbano de Bertamiráns e da zona de Brión, alertando da presenza de malos olores persistentes e da aparición de espuma e turbidez anormal nas augas do río Sar.

O persoal técnico desprazouse á zona o pasado 12 de outubro, realizando inspeccións visuais en varios puntos do curso do río. As observacións indican que o caudal xa chega ao termo municipal de Ames con sinais evidentes de contaminación, polo que se considera que a orixe do vertido podería situarse río arriba, en dirección a Santiago de Compostela.

Durante as inspeccións non se detectaron vertidos directos procedentes da rede municipal nin das instalacións locais, descartándose por tanto que a contaminación teña a súa orixe en infraestruturas municipais.

Entre os efectos observados destacan a presenza de malos olores moi intensos, especialmente nas inmediacións do centro urbano de Bertamiráns, espuma e turbidez continua e anormal nas augas e mortaldade de fauna acuática, principalmente peixes e anguías.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Augas de Ames comunicou de inmediato a situación ás autoridades competentes en materia ambiental e de augas, co obxectivo de facilitar a identificación da orixe do vertido e promover a restauración da calidade do medio fluvial.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.