ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSociedad

Ames pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Zocos e Trasnos”

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2023 a las 16:32

Compartir
  • Por oitavo ano consecutivo, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado presenta a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada (os zocos e zocas) escribe pedindo un regalo concreto
  • Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “trasnos e trasnas” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos “puntos Trasnos” que este ano situaranse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é o encargado de organizar a campaña
  • A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, explica que “a campaña Zocos e Trasnos é unha iniciativa solidaria, a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. É un xeito de axudar a aquelas familias amesás que máis o necesitan ou que están pasando por un mal momento económico”

Ames, 17 de novembro de 2023.- Por oitavo ano consecutivo, a Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado presenta a campaña solidaria “Zocos e Trasnos”, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada (os zocos e zocas) escribe pedindo un regalo concreto. Os veciños e as veciñas de Ames que se apunten como “trasnos e trasnas” actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos “puntos Trasnos” que este ano situaranse nas Casas de Cultura de Bertamiráns e Milladoiro. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é o encargado de organizar a campaña.

A campaña conta con dous piares fundamentais. Por unha banda os/as zocos/as, que son os nenos e nenas de 0 a 12 anos, que forman parte de familias que non están atravesando un bo momento economicamente. Pola outra, os trasnos e trasnas,axudantes dos Reis Magos de Oriente e motores do proxecto, que serán os/as  encargados de “facerse” con ese agasallo e entregalos nos chamados “Puntos Trasnos” que este ano situaranse nas Casas de Cultura de Milladoiro e Bertamiráns.

A Oficina de Voluntariado de Ames será a encargada de recoller as cartas de todos os/as zocos/as aos Reis Magos (nenos e nenas derivados polo departamento de Benestar Social municipal). Estas, serán enviadas por correo electrónico, whatsapp ou en man a cada trasno e trasna, a través dun código de identificación que preserva o anonimato de todas as nenas e nenos.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, explica que “a campaña Zocos e Trasnos é unha iniciativa solidaria, a través da que se pretende que ningún neno nin nena de Ames quede sen agasallo no Nadal. É un xeito de axudar a aquelas familias amesás que máis o necesitan ou que están pasando por un mal momento económico. Trátase dunha iniciativa que funciona moi ben todo os anos, polo que animamos a todos os veciños e veciñas, na medida que poidan, sós, en grupo ou en familia, a colaborar nesta campaña solidaria”.

Agasallos que non teñan carácter bélico nin sexista

Cada trasno/trasna deberá escoller algo do solicitado na carta, que non poderá superar os 30 euros, envolvelo, poñerlle o código que identifica o seu zoco/zoca e facelo chegar a eses Puntos Trasno. Compre salientar que os agasallos deben cumprir dúas premisas básicas: non ter carácter sexista nin bélico. Finalmente os agasallos serán entregados ás familias para que todos os/as zocos/as poidan desfrutar do seu agasallo no día de Reis.

Non se trata de ofrecer o que nos sobra ou o que xa non utilizamos senón de agasallar ao neno ou á nena con aquilo que eles elixen, o que supón un maior grao de equidade e igualdade.

Como converterse en trasno/a?

Calquera pode converterse en trasno/a. A única condición é comprometerse co proxecto. Para rexistrarse como trasno/a pódese chamar aos teléfonos 662 377 044 (Oficina de Voluntariado de Ames) ou no 683 327 378 (departamento de Educación familiar), a través dun correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal ou de maneira presencial na Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A campaña Zocos e Trasnos tivo moi boa acollida nas edicións anteriores por parte da veciñanza de Ames, de xeito que cada Nadal arredor de 200 nenas e nenos tiveron o seu agasallo grazas a colaboración dos Trasnos e Trasnas.

Etiquetas

amescampañasolidaridadetrasnos e trasnas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación