ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Ames organiza unha nova iniciativa para este Nadal, a Gladiator Race Kids

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca que “a realización da primeira Gladiator Kids é unha nova iniciativa para este Nadal, que está dirixidas a nenos e nenas e as súas familias”

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de diciembre de 2024 a las 20:43

Compartir

Trátase da primeira edición da Gladiator Race Kids, que se vai a realizar na área deportiva do Milladoiro a partir das 16.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os menores poderán ir acompañados dun adulto

Haberá 250 prazas polo que é preciso inscribirse a través desta ligazón. A inscrición é gratuíta e inclúe a participación no evento, seguro e unha medalla por finalizar. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro ás 23.59 horas

Ames, 16 de decembro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o sábado 28 de decembro unha nova iniciativa que se enmarca na programación de Nadal de 2024. Trátase da primeira edición da Gladiator Race Kids, que se vai a realizar na área deportiva do Milladoiro a partir das 16.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os menores poderán ir acompañados dun adulto. Haberá 250 prazas polo que é preciso inscribirse a través desta ligazón. A inscrición é gratuíta e inclúe a participación no evento, seguro e unha medalla por finalizar. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro ás 23.59 horas.

Unha Gladiator Race é unha carreira diferente, onde os/as participantes teñen que superar diferentes obstáculos, e ao mesmo tempo se divirten e practican deporte. A Gladiator Kids que organiza o Concello Ames está pensada para que os máis pequenos da casa poidan gozar dun día en familia facendo deporte. É unha carreira para nenos/as sen carácter competitivo organizada pola empresa NOKAO, que se realizará na área deportiva do Milladoiro. O percorrido estará marcado e sinalizado.

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca que “a realización da primeira Gladiator Kids é unha nova iniciativa para este Nadal, que está dirixidas a nenos e nenas e as súas familias. Trátase dunha carreira familiar para pasar unha tarde diferente e divertida, con actividades que poñerán a proba a rapaces e rapazas”.

Dita proba vaise realizar o 28 de decembro a partir das 16:30 horas. Na proba poderá participar calquera neno/a que o día da celebración da proba teña cumprida a idade comprendida de 3 a 12 anos e que acepte o regulamento da proba no momento de formalizar a inscrición. O límite de prazas é de 250. Debido a isto é necesario inscribirse a través desta ligazón. O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de decembro ás 23.59 horas.

Dependendo da idade do/a participante terá que realizar un percorrido diferente:

-Franxa de nenos/as 3-5 anos: percorrido de 500 metros aproximadamente.

-Franxa de rapaces e rapazas 6 a 11 anos: percorrido de 900 metros aproximadamente.

Horarios e saídas da carreira

A proba empezará ás 16:30 horas mediante o sistema de quendas. Cada cinco minutos sairá unha quenda composta por un máximo de 15 nenos/as. Dous días antes do evento enviarase a cada participante o horario e quenda na que participará. Ao ser unha proba de carácter lúdico e benéfico e non competitiva, non se realizará ningún tipo de cronometraxe por chip ou similar e entregarase un obsequio a cada participante ao finalizar a proba.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Gladiator Kids é unha carreira exclusiva para menores, pero estes poderán ir acompañados dun adulto ao longo do percorrido. Os adultos non poderán superar os obstáculos senón só acompañar e axudar ao menor. Deberán situarse detrás ou á beira do mesmo e será imprescindible o respecto e fair play quedando prohibidas accións como gritar, insultar, empuxar ou arrastrar a calquera participante.

Etiquetas

amesGladiator Race Kidsnadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación