ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Ames, o único concello que medra de Galicia, acada os 32.482 habitantes

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de diciembre de 2023 a las 17:48

Compartir
  • Blas García: “Estes datos falan moi ben do traballo realizado tanto actualmente como nos últimos anos por anteriores Corporacións. Ames é o lugar perfecto para establecer un proxecto de vida”
  • Segundo datos do INE, do 1 de xaneiro do 2022 ao 1 de xaneiro do 2023, Ames medrou en 387 habitantes
  • Dende o ano 2000, o concello de Ames duplica a súa poboación

Ames, 28 de decembro de 2023.- O pasado 23 de decembro saíron publicados no BOE as cifras oficiais de demografía por provincias e mailos datos por municipios aprobadas polo INE con data do 1 de xaneiro de 2023. Deste xeito, a poboación do concello de Ames sitúase nos 32.482 habitantes (16.865 mulleres e 15.617 homes). Respecto do 1 de xaneiro de 2022 a poboación en Ames medrou en 387 habitantes. Ademais, durante o exercicio 2022 contabilizáronse 218 nacementos e 208 defuncións.

O alcalde de Ames, Blas García, móstrase satisfeito, aínda que este dato sería mellor se “todos os concellos galegos concordaran coa suba”. O rexedor loou o traballo desta e de anteriores Corporacións pois grazas ao traballo de toda esa xente “Ames é o lugar perfecto para establecer un proxecto de vida”.

Ao longo do exercicio 2022 a poboación no concello de Ames continuou incrementándose sumando 387 novos habitantes. Segundo os datos aprobados polo INE, a 1 de xaneiro de 2023 a poboación do concello de Ames sitúase en 32.482 habitantes, dos cales 16.865 son mulleres e 15.617 son homes. A maior parte destas persoas están en idade de traballar e outra ampla maioría encádrase no grupo da mocidade, garantindo así o futuro demográfico do concello.

Tendo en conta os datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE), o concello de Ames contaba a 1 de xaneiro de 2022 cun total de 32.095 habitantes (16.644 mulleres e 15.451 homes), o que supón que se sumou 387 habitantes máis. Fronte á baixada de poboación rexistrada en Galicia que amosan os datos do INE, Ames mantén a súa poboación e incrementa o censo municipal mantendo a tendencia das últimas dúas décadas.

Ademais, durante o exercicio 2022 contabilizáronse 218 nacementos e 208 defuncións. En 2021 houbo 212 nacementos e 185 defuncións. Dese xeito, respecto do exercicio 2021, en 2022 incrementouse o número de nacementos en 6 nenos/as e tamén aumentou o número de defuncións en 23 persoas.

Paridade en canto a sexos

Con todos os datos enriba da mesa, podemos dicir que Ames destaca pola paridade en canto a sexos. Se falamos de demografía, apenas existen dous puntos de diferenza entremulleres e homes. Hai 16.865 mulleres, que representan o 51,93% da poboación, mentres que eles son 15.617 e representan o 48,07%. Crecemento dende o ano 2.000 Nas últimas décadas, Ames foi un dos concellos galegos que máis medrou. Segundo os datos que figuran no Instituto Nacional de Estadística (INE) no ano 2000 o concello de Ames dispoñía de 16.549 habitantes (8.048 homes e 8.501 mulleres), o que supón que a 1 de xaneiro de 2023 practicamente duplicase a poboación. En 2003 o número de habitantes xa ascendía a 20.016 persoas (9.718 homes e 10.298 mulleres), polo que o incremento en tres anos foi de 3.467 habitantes, máis de mil persoas por ano. Se nos detemos no ano 2006 o censo xa acumulaba un total de 23.219 habitantes (11.268 homes e 11.951 mulleres), polo que se volve a incrementar a cifra de censados en 3.203 persoas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

En 2009 o censo ascendeu ata chegar aos 26.983 habitantes (13.079 homes e 13.904 mulleres), polo que se volveu a producir un novo incremento de 3.764 habitantes respecto ao ano 2006. A principios de 2012 Ames xa contaba cun total de 29.331 habitantes (14.170 homes e 15.161 mulleres), polo que en tres anos volveu a incrementarse en 2.348 o número de habitantes. Tres anos despois, a principios de 2015, o INE contabiliza un total de 30.267 habitantes (14.608 homes e 15.659 mulleres). A 1 de xaneiro de 2021 o INE indica que Ames quedaba a 7 habitantes dos 32.000, sumando un total de 31.993 habitantes (15.379 homes e 16.614 mulleres).

Etiquetas

ameshabitantes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación