ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Ames negocia coa Sareb para crear vivenda e zonas verdes en Milladoiro e Bertamiráns

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de enero de 2025 a las 21:06

Compartir
  • O alcalde de Ames, Blas García, vén de manter unha xuntanza esta mañá en Madrid con Alberto Molowny, director de Xestión de Administracións Públicas e Relacións Institucionais da Sareb, para iniciar o proceso de negociación de parcelas que son propiedade desta entidade no Milladoiro e Bertamiráns, para a construción de vivenda e a creación de zonas verdes en ditos núcleos urbanos
  • O obxectivo é desenvolver unha parcela situada no S-16 Galdrachán, no Milladoiro, para crear 37 vivendas de protección oficial. Tamén se abordou a posibilidade de ceder varias parcelas en Bertamiráns, que suman 31.552 metros cadrados, para destinar a zonas verdes e creación de novas sendas peonís para uso e desfrute da veciñanza amesá

Ames, 22 de xaneiro de 2025.- O alcalde de Ames, Blas García, vén de manter unha xuntanza esta mañá en Madrid con Alberto Molowny, director de Xestión de Administracións Públicas e Relacións Institucionais da Sareb, para iniciar o proceso de negociación de parcelas que son propiedade desta entidade no Milladoiro e Bertamiráns, para a construción de vivenda e a creación de zonas verdes en ditos núcleos urbanos. O obxectivo é desenvolver unha parcela situada no S-16 Galdrachán, no Milladoiro, para crear 37 vivendas de protección oficial. Tamén se abordou a posibilidade de ceder varias parcelas en Bertamiráns, que suman 31.552 metros cadrados, para destinar a zonas verdes e creación de novas sendas peonís para uso e desfrute da veciñanza amesá.

O Goberno municipal traballa para crear nova vivenda de protección oficial en Ames. O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “este é un goberno que traballa para a veciñanza. Somos conscientes da dificultade de acceder a unha vivenda hoxe en día e a nosa obriga como Concello é dar resposta a esta demanda. A creación de nova vivenda é un dos obxectivos que temos marcados para o queda de mandato”.

O concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “debido á falta de vivenda que existe na actualidade, tanto para alugar como para mercar, o Concello de Ames xa se puxo en contacto, tanto coa Sareb como co Instituto Galego da Vivenda e Solo, co obxectivo desenvolver novas vivendas suxeitas ao réxime de protección pública no Milladoiro e Bertamiráns”.

Deste xeito, estase negociando coa Sareb sobre unha parcela situada na área residencial do plan parcial do sector S-16 Galdrachán, no Milladoiro, que está destinada á creación de vivendas suxeitas ao réxime de protección pública. Dende o goberno municipal estase buscando a fórmula para, que no caso de chegar a un acordo coa Sareb, se poida desenvolver este terreo.

Dita parcela atópase nas inmediacións da Casa da Cultura e do pavillón municipal do Milladoiro. A parcela AR-07 ten un superficie de 966 metros cadrados e unha ocupación en planta de 736 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 3.069,85 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 651,20 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 3.721,05 metros cadrados e un número máximo de 37 vivendas.

Esta parcela sumaríase a outros seis terreos que o Concello pretende poñer a disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo. En total, cederíanse ao IGVS 5.338 metros cadrados de terreo, que se poden urbanizar, e na que se poden construír 213 vivendas. En cinco parcelas poderíanse construír 37 vivendas en cada unha delas, mentres que noutra poderíanse crear 28 vivendas.

Cesión de parcelas de Bertamiráns
Por outra banda, esta mañá o rexedor municipal tamén abordou coa Dirección de Xestión de Administracións Públicas e Relacións Institucionais nas oficinas da Sareb a cesión de varias parcelas situados en Bertamiráns, para a creación de novas zonas verdes e novas sendas peonís para uso e desfrute da veciñanza.

Trátase de terreos de cualificación urbana que suman 31.552 metros cadrado. Ditas parcelas están sen edificar e atópanse nos lugares de Cantalarrana, travesía de Fontaldeiro, rúa da Fragua e travesía do Pedregal.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O obxectivo sería, que mentres a Sareb non desenvolve ditos terreos, o Concello encargaríase de acondicionalos para que teñan un uso público. Isto permitiría dispor de novas zonas de esparexemento á veciñanza amesá, e a Sareb non tería ditas parcelas paradas, aforrando o gasto que lle supón o seu mantemento.

Etiquetas

amessarebvivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán