ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Ames instala iglús para reorganizar as colonias felinas do concello

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de marzo de 2024 a las 18:45

Compartir

 

 

Estas estruturas servirán para facilitar o traballo dos voluntarios e voluntarias encargados do coidado destas comunidades felinas

Os tres primeiros iglús xa foron instalados en Bertamiráns, na Casa da Cultura e na rúa Rosaleda, onde se atopan 3 das cinco colonias rexistradas neste núcleo

Todas elas foron deseñadas e pintadas sobre colectores reciclados polo pintor lucense Fernando Yáñez, como parte da campaña Art of Dent, impulsada por el mesmo. O obxectivo desta campaña é visibilizar a enfermidade de Dent

O concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, explicou que “ esta iniciativa xorde da necesidade de ter un lugar para ubicar aos gatos das colonias”

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que este proxecto “aborda tres factores: os requirimentos na nova Lei de Benestar Animal, a colaboración cunha acción solidaria e o uso de material reciclado como son os colectores”

Ames, 22 de marzo de 2024.- Esta mañá foron presentados na Casa da Cultura de Bertamiráns os novos iglús que se instalarán no concello para a reorganización e control das colonias felinas. Estas estruturas, deseñadas polo artista Fernando Yáñez sobre colectores reciclados, servirán para facilitar o traballo dos voluntarios e voluntarias encargados do coidado destas comunidades felinas. En Bertamiráns xa se instalaron tres iglús (un preto da Casa da Cultura, e outros dous na rúa Rosaleda) e está previsto que se instalen tamén no Milladoiro unha vez concluída a detección e control das colonias deste núcleo.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentacións dos novos iglús que se colocarán en distintos puntos do concello para reorganizar e facilitar o control das colonias felinas do municipio. Ao actor asistiron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo; a presidenta do Refuxio de animais de Cambados, Olga Costa; e pintor encargado do deseño dos iglús, Fernando Yáñez.

O encargado de abrir o acto foi o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, que explicou que “ esta iniciativa xorde da necesidade de ter un lugar para ubicar aos gatos das colonias”. Deste xeito, desde o departamento de Medio Ambiente, “o primeiro que fixemos foi coñecer as colonias, onde están situadas e, a partir de aí, buscar un lugar onde localizalas e crear un rexistro de voluntarios que se encargarán da xestión dos iglús”. Así mesmo, destacou que se trata dun proxecto “pioneiro e social, que a nivel estético está totalmente integrado no entorno”.

Sobre a faceta estética e artística dos iglús falou Fernando Yáñez, o artista encargado do deseño dos iglús Fernando: “O deseño ten colores moi rechamantes, e está inspirado na propia forma do colector, que me lembrou á dun gato. Ademais, a nosa asociación xorde do mundo da arte, polo que este proxecto adáptase totalmente á nosa función e á nosa causa”.

Pola súa banda, o alcalde de Ames, Blas García, destacou que este proxecto “aborda tres factores: os requirimentos na nova Lei de Benestar Animal, a colaboración cunha acción solidaria e o uso de material reciclado como son os colectores”. Tamén puxo en valor o traballo dos voluntarios e voluntarias que supervisan estas colonias, lembrando que esta iniciativa se integra na campaña global de voluntariado impulsada pola Oficina de Voluntariado municipal, que sempre está na procura de xente que queira colaborar.

Para pechar a súa intervención, o rexedor solicitou unha maior colaboración entre administracións á hora de redactar novas leis, como a de benestar animal, pois son os concellos os que afrontan as dificultades derivadas da súa posterior aplicación.

Iglús: un proxecto solidario

Os tres primeiros iglús xa foron instalados en Bertamiráns, na Casa da Cultura e na rúa Rosaleda, onde se atopan 3 das cinco colonias rexistradas neste núcleo. Estas estruturas teñen dúas portas laterais: unha pola que os voluntarios poderán acceder para deixar a comida, e outra pola que os gatos poderán acceder ao interior para alimentarse e durmir.

Todas elas foron deseñadas e pintadas sobre colectores reciclados polo pintor lucense Fernando Yáñez, como parte da campaña Art of Dent, impulsada por el mesmo. O obxectivo desta campaña é visibilizar a enfermidade de Dent, un trastorno xenético que afecta aos riles e que progresa con enfermidade renal crónica e fallo renal. Esta iniciativa xurdiu do propio artista no ano 2020, coa finalidade de visibilizar esta doenza e recadar fondos para súa a investigación.

Así, en todos os iglús pode lerse a frase “Esta comunidade de gatos colabora coa visibilidade da enfermidade de Dent”. Deste xeito, o proxecto tamén conta cun trasfondo solidario.

Por esta razón, desde o Concello piden a colaboración cidadá para coidar e protexer estas estruturas de posibles actos de vandalismo, respectando así non só os oglús senón tamén o traballo de todas as persoas implicadas, desde o artista ao equipo de voluntarios e voluntarias encargados do coidado destas comunidades.

O plan CES

Desde finais do mes de agosto de 2021, o departamento de Medio Ambiente está a aplicar o plan Ces para o control das colonias felinas dos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro. Este plan, levado a cabo en colaboración co Refuxio de Cambados, consiste na captura, esterilización e solta dos animais que integran estas colonias. Ademais, en Ames tamén se aplica a desparasitación e a marcaxe con microchip como parte deste plan.

En Bertamiráns actualmente hai cinco colonias: en Castrigo, no Rueiro, nos arredores da Casa da Cultura e outras dúas na rúa Rosaleda. Todas elas están organizadas a través dun rexistro e contan cun grupo de voluntarios e voluntarias encargados da súa alimentación, coidado e vixilancia.

Por outra banda, no Milladoiro estase a traballar para detectar onde están situadas estas colonias, co obxectivo de delimitalas, rexistralas e organizar un equipo de voluntarios que se encargue delas, como xa acontece en Bertamiráns.

Ames, un concello implicado na protección dos animais

Tal e como sinalaron os asistentes á presentación, este é un servizo pioneiro en Galicia, que ademais está ligado ao compromiso do concello de Ames coa protección e o benestar dos animais.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A presidenta do Refuxio de animais de Cambados, Olga Costa, explicou que desde fai nove anos en Ames “existe unha rede de familias de acollida que colaboran no rescate de animais, semellante ao modelo empregado en Alemaña e noutros países europeos”. Esta rede está xestionada polo Refuxio de Cambados e, tal e como afirma a súa presidenta, “funciona moi ben pola gran coordinación que hai entre as persoas e organismos implicados”. Actualmente, esta rede está conformada por 23 familias.

Etiquetas

amescoloniasfelinasradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego