ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaEducaciónPolíticaSociedad

Ames homenaxea a Rosalía de Castro nunha gala protagonizada polo alumnado dos centros educativos

Un ano máis, o Concello de Ames organizou unha gala homenaxe a Rosalía de Castro, en conmemoración do seu aniversario, o 23 de febreiro

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de febrero de 2025 a las 18:49

Compartir

O acto contou cunha gran participación dos centros educativos de Ames e puxo en valor a figura da escritora e a súa vinculación co noso concello

O alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, agradeceu a participación de todas as persoas que colaboraron na gala e destacou que “é unha satisfacción e un orgullo ver todo o talento que temos no concello con estes rapaces e rapazas, e comprobar que, con actos así,  Rosalía, a nosa escritora máis universal, vai seguir viva”

Ames, 25 de febreiro.- A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu onte, 24 de febreiro,  unha gran festa rosaliana, o evento central das actividades organizadas polo concello para conmemorar o mes da autora. A Gala Rosalía, que contou cunha gran participación da veciñanza e do alumnado dos centros educativos de Ames, puxo en valor a figura da escritora e a súa vinculación co concello. Canda a veciñanza de Ames, na gala participaron Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e María López Sández, membro tamén da dita fundación.  O acto  pechouse cun concerto de Uxía Senlle e Santi Cribeiro que remataron cantando o tema “No bico un cantar” con boa parte do alumnado presente con eles no escenario.

A cerimonia estivo chea de música, teatro e poesía. A actriz e comunicadora, Cristina Collazo, encargada de conducir a gala, converteuse en Rosalía nos diferentes sketchs que interpretou protagonizados polas rosalías que Yoseba Muruzábal plasmou nos murais rosalianos de Bertamiráns e do Milladoiro. Así, o azar e  a ruleta rosaleta que Collazo creou para o evento,  decidiron, coa axuda do público, que pasaran polo escenario as rosalías peixeira, pandeireteira e limpadora e que tamén estiveran representadas as imaxes da cantante Rosalía e da actriz Patricia de Lorenzo recollendo o premio María Casares.

Ademais dos centros educativos de Ames, na gala actuaron Uxía Senlle e Santi Cribeiro, referentes da música galega, que interpretaron diferentes temas do seu disco Rosalía Pequeniña e que, como sorpresa final, convidaron ao escenario ao alumnado participante para despedir o evento cantando conxuntamente.

O acto abriu cunha actuación dos nenos e nenas das asociacións de Bugallido, que acompañados de Uxía, interpretaron No bico un cantar. A seguir, Anxo Angueira e María López Sandez, interpretaron a Alborada e leron un fragmento de Ignotus, o último capítulo da obra Os precursores de Manuel Murguía no que a  a voz de Rosalía relata un encontro cun rapaciño que podía ter as súas orixes no Concello de Ames.

A seguir, as interpretacións dos centros educativos fóronse intercalando coas doutros veciños e veciñas de Ames que tamén lle quixeron poñer voz a textos rosalianos; así,  Raquel Arias e Carlota Mera, de Tecidos Tolemia, recitaron Miña Santiña, miña Santasa; Fernando Yáñez, o artista plástico autor  dos murais rosalianos nas caixas dos semáforos dalgunhas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro, leu os poemas Amores Cativos e Ti onte, mañán eu; e actor Xabier Estévez interpretou Pra A Habana.

O alumnado dos centros educativos, protagonistas da xornada

Os grandes protagonistas da xornada foron os alumnos e alumnas dos centros educativos de Ames, que interpretaron diferentes textos da autora. O alumnado do CEIP de Barouta realizou unha representación teatral da texto Miña casa meu lar. A EEI do Milladoiro  preparou  un vídeo coas ilustracións e coas voces de todo o alumnado do centro cantando o poema Has de cantar. O CEIP da Maía presentou o vídeo Falando con Rosal-ÍA no que alumnado conversaba e entrevistaba á propia escritora para saber máis da súa biografía e da súa obra.  O alumnado do CEIP Agro do Muíño encheu o escenario de ritmo e de poesía, coa interpretación  dunha das composicións máis recoñecidas de Rosalía, “Adeus ríos, adeus fontes”, acompañados de pandeiretas.

Os IES de Ames tamén estiveron presentes na gala. O alumnado de Bertamiráns cun vídeo no que adaptaban o poema Tecín soíña a miña tea ao pasado, ao presente e ao futuro e o instituto do Milladoiro cunha representación teatralizada dun fragmento do texto As Literatas, Carta a Eduarda.

No acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, xunto con outros concelleiros e concelleiras das diferentes corporacións con representación municipal.

O alcalde de Ames e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, agradeceu a participación de todas as persoas que colaboraron na gala e destacou que  “é unha satisfacción e un orgullo ver todo o talento que temos no concello con estes rapaces e rapazas, e comprobar que, con actos así,  Rosalía, a nosa escritora máis universal, vai seguir viva”.

Pola súa banda, a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, agradeceu aos departamentos de Turismo e Normalización Lingüística, encargados de organizar a programación rosaliana deste ano, xunto con todos os grupos e asociacións participantes na gala. Tamén destacou especialmente “o traballo da mocidade e da xente máis cativa do concello que levan semanas preparando a súa actuación” . Por último, indicou que a xente nova é a esencia da lingua e animou a manter viva a figura de Rosalía, unha muller da que todas  e todos temos moito que aprender.

Andaina polo Mar de Ovellas

A programación de Rosalía remata o vindeiro 9 de marzo coa Andaina polo Mar de Ovellas, unha ruta de 5 quilómetros teatralizada polo grupo Os Quinquilláns e a regueifeira Lupe Blanco. Nesta actividade, ademais de reinterpretar fragmentos do poema  A probiña, que está xorda, situado neste espazo amesán, seguirémonos achegando, dun xeito lúdico e divertido,  á figura da autora.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A ruta destinada ao público xeral contará con servizo de traslado en autobús para as persoas asistentes, con saída desde a Casa da Cultura do Milladoiro ás 10.00 h e desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 10.15 h. Ademais de poder gozar da ruta, que comeza en Augapesada e finaliza en Trasmonte, ao cabo haberá unha pequena festa con música e degustación de petiscos.

Etiquetas

amesdia de rosaliarosalia de castro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación