ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Ames homenaxea a Rosalía con dúas semanas de actividades

 

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de febrero de 2024 a las 12:28

Compartir

 

 

Este xoves foi presentada a programación “Rosalía Ames 2024”, deseñada polos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Mocidade

Inclúe un total de sete iniciativas que se estenderán ao longo de dúas semanas

As actividades propostas este ano buscan revitalizar a figura da autora, o seu pensamento e a súa obra. Ademais, preténdese poñer en valor o seu vínculo co concello

O alcalde de Ames, Blas García, quixo destacar o especial protagonismo que terán a cativada e a mocidade: “É moi importante que os máis novos coñezan o que significa e representa a figura de Rosalía, tanto en Ames como en Galicia e fóra das nosas fronteiras”

Ames, 9 de febreiro de 2024.- O Salón de Plenos do Concello de Ames, acolleu este xoves a presentación do programa de actividades que se van desenvolver con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora o vindeiro 23 de febreiro. A finalidade deste programa, que inclúe un total de sete iniciativas que se estenderán ao longo de dúas semanas, é dobre: por un lado, revitalizar o pensamento e a figura da escritora padronesa e, por outro, poñer en valor a súa obra entre a veciñanza amesá e contribuír ao achegamento da cultura galega entre o alumnado dos centros escolares.

Un ano máis, o Concello de Ames súmase á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia, que, ademais, foi veciña da Tarroeira (na parroquia de Ortoño) durante parte da súa infancia. Esta mañá foi presentada a programación “Rosalía Ames 2024”, deseñada polos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Mocidade.

As actividades propostas este ano buscan revitalizar a figura da autora, o seu pensamento e a súa obra. Ademais, preténdese poñer en valor o seu vínculo co concello. Deste xeito, o obxectivo é restaurar a visión de Rosalía como unha muller culta, feminista e comprometida con Galicia e coas súas clases populares, así como cos seus sinais de identidade (nomeadamente, a lingua).

Ademais, búscase achegar á veciñanza referentes públicos que contribúan a recoñecer a lingua como expresión xenuína dos galegos e galegas, especialmente entre a mocidade e a as crianzas. Por outra banda, as iniciativas tamén fomentan a creatividade en lingua galega como forma lúdica de galeguización, e contribúen a difundila e a visibilizala.

Programación “Rosalía Ames 2024”

A programación deste ano está deseñada e organizada polos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Bibliotecas municipais. Dita programación comeza o xoves 15 de febreiro con “#Luxo no lixo”, unha intervención urbana ao aire libre utilizando as papeleiras e colectores dalgunhas rúas de Bertamiráns e do Milladoiro para colocar arredor de 500 vinilos coa silueta de Rosalía e unha escolma dos seus versos. A finalidade é animar tanto a veciñanza como os visitantes a que volvan aos textos rosalianos.  Estes vinilos estarán expostos ata o 29 de febreiro.

Para o sábado, 17 de febreiro, está programada a actividade “Viaxando con Rosalía”, unha excursión literaria á casa de Rosalía en Padrón, con paradas en Ortoño e Bastavales. A visita estará guiada pola experta rosaliana María López Sández. Para participar é preciso inscribirse enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal, entre o o 8 e o 15 de febreiro.

O xoves 22 de febreiro terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o obradoiro “Música e Rosalía” de Leticia Falcón. Esta actividade, incluída tamén na programación Apego, é un obradoiro de estimulación temperá para crianzas de 0 a 6 anos que busca achegar aos máis pequenos á música e á lingua a través da figura de Rosalía de Castro. O prazo de inscrición pode consultarse nesta ligazón.

Ademais, o xoves 22 de febreiro desenvolverase unha nova edición das iniciativas “Caldo de Gloria” e “Café con verso” nos  comedores escolares e nos locais de hostalaría de Ames. Nesta edición, o “Café con Verso” estará amenizado por actuacións musicais a cargo de Luis O’Caruncho e Oli Xiráldez nos locais que se inscriban. Ademais, os músicos  repartirán unhas tarxetas con versos rosalianos para difundir a súa obra, pensamento e figura. A iniciativa Café con verso xurdiu no ano 2017 froito da colaboración entre o Concello de Ames e mailo poeta amesán Carlos Negro.

Así mesmo, nos comedores dos centros escolares de Ventín, Barouta, Agro do Muíño e Maía poderase degustar o Caldo de Gloria, ao mesmo tempo que a cativada desfrutará dunha animación musical dos versos rosalianos da man de Luis O’Caruncho e Oli Xiráldez.  O Caldo de Gloria descríbeo a escritora no seu poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta como consegue, fronte ás adversidades que as rodean e ás súas propias penurias, facer un caldo de gloria

Por outra banda, o venres 23 e o sábado 24, nas bibliotecas municipais haberá dous obradoiros para facer pins e chapas para conmemorar o Día de Rosalía. Dirixidos a nenos e nenas a partir de 3º de primaria, serán o venres ás 17:30 horas na biblioteca do Milladoiro, e o sábado ás 11:30 horas na biblioteca de Bertamiráns. O prazo de inscrición é do 12 ao 21 de febreiro, chamando aos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.Gala homenaxe a Rosalía de Castro

A Gala de homenaxe a Rosalía de Castro celebrarase o venres, 23 de febreiro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nela participarán os centros educativos de Ames. Haberá unha actuación a cargo da cantautora e dj High Paw. A Gala estará presentada por Cristina Collazo, e a entrada será libre ata completar o aforo.

Este ano, como novidade, o domingo 25 de febreiro haberá unha andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas baseada no poema rosaliano “A probiña, que está xorda…!”. A ruta desenvolverase coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e do músico Luis O’Caruncho. O percorrido será de 4 km, de dificultade media (cunha subida inicial cun desnivel do 10%), terá unha duración aproximada de 2 horas e, ao remate haberá unha degustación de Caldo de Gloria. Conta cun total de 55 prazas, polo que para participar é preciso inscribirse enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, entre o 15 e o 22 de febreiro.

Acto de presentación da programación

Ao acto acudiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Mocidade, Carmen Porto; a técnica de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras; a técnica de Turismo, Sonia Moure; e a técnica de Mocidade, Pili Villaverde.

As técnicas dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, Rosa Moreiras e Sonia Moure, explicaron que esta “é unha programación para todos os públicos, moi variada, que buscamos que sexa o máis participativa posible”.

Pola súa banda, a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, destacou que “o obxectivo principal das actividades programadas é poñer en valor tanto a figura de Rosalía como o noso concello”. Así mesmo, agradeceu a colaboración dos centros educativos de Ames.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Rematou a rolda de intervención o alcalde de Ames, Blas García, que sinalou que a programación do Día de Rosalía “é das máis completas que elaboramos desde o Concello”. Ademais, quixo destacar o especial protagonismo que terán a cativada e a mocidade: “É moi importante que os máis novos coñezan o que significa e representa a figura de Rosalía, tanto en Ames como en Galicia e fóra das nosas fronteiras”.

Etiquetas

amesrosaria
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación