ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Ames, exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de marzo de 2024 a las 19:01

Compartir

 

 

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa  economía local e de proximidade”

No pasado mes de xullo a Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames á empresa Coregal Parques e Xardíns SL, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído). Este contrato está dirixido a centro especiais de emprego de iniciativa social e ten unha duración de catro anos

Ames, 4 de xaneiro de 2024.- Máis dun centenar de persoas, de forma presencial e en liña, participaron o pasado venres, 1 de marzo, na xornada organizada por CEGASAL e AEIGA para abordar a contratación reservada e na que se abordou a importancia da dimensión social e ambiental nos contratos públicos das entidades locais. O alcalde de Ames, Blas García, xunto aos rexedores de Carballo, Sada e Ribadavia, participaron na primeira mesa redonda falando da súa experiencia cos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e as empresas de inserción laboral. Ames, xunto a Carballo e Santiago,  son Concellos pioneiros en traballar coas entidades de economía social. Por parte do Concello de Ames tamén participou a interventora municipal, Margarita Fernández, para falar sobre a experiencia en contratación reservada en sectores específicos.

Os centros especiais de emprego de iniciativa social son entidades que teñen como obxectivo principal a integración laboral de persoas con discapacidade, mentres que as empresas de inserción laboral representan a persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario. Dados os obxectivos comúns en favor da economía social, CEGASAL e AEIGA organizaron o pasado 1 de marzo en Santiago de Compostela unha xornada de traballo para abordar a contratación reservada, profundando na importancia da dimensión social e ambiental nos contratos públicos.

Por parte do Concello de Ames participaron o alcalde, Blas García, e maila interventora municipal, Margarita Fernández. O rexedor de Ames participou na mesa redonda na que se abordou a xestión de contratos reservados. Blas García agradeceu a CEGASAL o convite para participar neste evento para explicar a experiencia do Concello de Ames cos contratos reservados para persoas con discapacidade e para persoas en risco de exclusión social.

Blas García destacou que “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa  economía local e de proximidade”.

Os rexedores de Ames, Carballo, Sada e Ribadavia e o concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago apelaron á responsabilidade das institucións locais na construción dunha comunidade máis inclusiva, onde todas as persoas, independentemente das súas habilidades ou circunstancias, poidan participar plenamente na vida laboral e social. Ademais, animaron a outros alcaldes a sumarse a este compromiso social porque, sinalaron, “ademais de cumprir coa lexislación vixente, neste tema pesa e moito a vontade política”.

Contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames

Cómpre lembrar que no pasado mes de xullo a Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames á empresa Coregal Parques e Xardíns SL, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído). Este contrato está dirixido a centro especiais de emprego de iniciativa social e ten unha duración de catro anos. A prestación do servizo iniciouse o pasado 1 de setembro de 2023.

Entre as zonas de actuación destacan a área fluvial de Tapia, a contorna das piscinas e da Casa da Cultura do Milladoiro, a área de estacionamento de autocaravanas, a praza de Manuel Murguía, a da Madalena, a de Correos, o parque empresarial do Milladoiro ou o campo fútbol. En Bertamiráns entre os elementos a conservar están a contorna da piscina da Telleira, o parque do Ameneiral, a praza de Chavián, a Casa da Cultura, a praza do Concello ou o Pazo da Peregrina.

Contratación reservada en sectores específicos

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por parte do Concello de Ames tamén participou a interventora municipal, Margarita Fernández, para falar sobre a experiencia en contratación reservada en sectores específicos. Nesta mesa redonda a Interventora municipal de Ames xunto a outras/os técnicas e técnicos de varios concellos sinalaron que o cumprimento da Lei de Contratos Públicos no que se refire a centros especiais de emprego ou empresas de inserción “sería máis sinxelo se estivese recollido no propio texto da lei e non nunha disposición”. Isto, sinalaron, dificulta “o seu coñecemento e cumprimento”.

Etiquetas

amescomarcadiversidadempregoradio lider santiagotraballo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego