ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames e Brión conmemoran A Batalla de Altamira este domingo con teatro e música

Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, volve “Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de septiembre de 2025 a las 12:19

Compartir

Terá lugar este domingo, 21 de setembro,  e o programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. As actuacións musicais e maila representación teatral serán no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre, en Brión

Ames, 17 de setembro de 2025.- Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, volve “Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira. O programa inclúe a representación teatral “A Batalla de Altamira”, a cargo do grupo Os Quinquilláns; a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión; e o concerto do grupo Carmela, que se van celebrar o domingo 21 de setembro en horario de mañá e tarde. Todas as actividades son de acceso libre ata completar aforo.

As Torres de Altamira son un monumento patrimonio da Deputación da Coruña, considerado Ben de Interese Cultural e situado nun espazo privilexiado que o converte nun magnífico miradoiro sobre o Val da Maía. Construídas no século IX, as Torres foron derrubadas no século XIV e construídas de novo en 1471. O evento “Altamira Brilla” ten como obxectivo poñer en valor o monumento, así como recuperar a memoria histórica da batalla, que tivo lugar o 13 de xuño de 1471 entre as tropas do arcebispo Alonso Fonseca II e Lopo Sánchez Moscoso.

Despois de adiar varias actividades no mes de xuño debido á meteoroloxía adversa por choiva, “Altamira Brilla” regresa para celebrar a súa cuarta edición cun amplo programa de actividades divididas en dous días. O programa inclúe a actuación dos grupos de pandeireteiras de Ames e Brión, o concerto do grupo Carmela, e unha representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns. As actuacións musicais e maila representación teatral serán no impresionante marco escénico que conforman as Torres de Altamira, no lugar de A Torre, en Brión.

Domingo 21 de setembro: representación teatral e actuacións musicais

-Ás 12.30 horas. Representación teatral “A Batalla de Altamira”, a cargo do grupo Os Quinquilláns.

-Ás 20.00 horas. Actuación do grupo de Pandeireteiras da Costaneira de Ames.
-Ás 20:30 horas. Actuación do grupo de Pandeireteiras de Brión.
-Ás 21.00 horas. Concerto do grupo Carmela.

Representación teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns

Ademais, o domingo 5 de outubro, ás 12.30 horas, os veciños e veciñas que o desexen poderán acudir a outra representación teatral de “A Batalla de Altamira”, do grupo Os Quinquilláns.

Todas as actividades incluídas no programa son de acceso libre ata completar aforo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesbatallas de altamirabrion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán