ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames denuncia a pasividade da Xunta ante o colapso do servizo de pediatría en Bertamiráns

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de diciembre de 2024 a las 19:02

Compartir
  • O alcalde, Blas García, dixo “levamos unha semana intentando contactar coa xerencia da área sanitaria e non obtivemos resposta, esta pasividade é inaceptable”
  • O Concello de Ames fai público o seu malestar coa xerencia da área sanitaria de Santiago, tras numerosos intentos de manter contacto dende fai unha semana
  • Ás graves deficiencias da infraestrutura sanitaria do centro de saúde de Bertamiráns súmanse agora a falta pediatras, feito que, xunto ás longas esperas para obter unha cita de atención primaria, fai que se colapse o PAC

Ames, 23 de decembro, de 2024.- O Concello de Ames fai público o seu malestar coa xerencia da área sanitaria de Santiago, tras numerosos intentos de manter contacto dende fai unha semana. Ás graves deficiencias da infraestrutura sanitaria do centro de saúde de Bertamiráns súmanse agora a falta pediatras, feito que, xunto ás longas esperas para obter unha cita de atención primaria, fai que se colapse o PAC.

O alcalde, Blas García, manifesta un profundo malestar polo mal funcionamento do PAC de Bertamiráns, que ofrece servizo tanto ao núcleo de Bertamiráns coma aos concellos limítrofes e apunta á administración autonómica como culpable debido á falta de coordinadores, tanto en medicina como en enfermería. “Necesitamos que Sanidade recompoña e reordene o servizo para garantir a súa calidade, sufrimos as consecuencias da falta de persoal e da mala estruturación do mesmo”.

A esta problemática súmase a non substitución das baixas en pediatría, que está a provocar que os cativos e as cativas se vexan na obriga de non ser atendidos por un especialista: “O feito de que os rapaces e rapazas que deberan ser atendidos en pediatría vaian ao PAC pola ausencia de pediatras e se mesturen con todas as persoas que se ven obrigadas a acudir debido á unha lista de espera de entre 7 e 10 días en atención primaria, fai que o PAC de Bertamiráns viva unha situación de auténtico colapso”.

García denuncia a pasividade de Sanidade, que cualifica de “inaceptable”, pois despois dunha semana intentando contactar coa xerencia da área sanitaria “non obtivemos resposta”. O alcalde tamén di que se debería coidar máis un servizo como pediatría nun concello como o de Ames, “que é un dos únicos tres concellos galegos que medra en saldo vexetativo e o primeiro con moita diferencia”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Fai xa dous meses o alcalde, Blas García, e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño para abordar as graves deficiencias do PAC de saúde de Bertamiráns, que necesita unha profunda reforma para poder facer fronte á demanda de usuarios que ten nestes intres. Nesa reunión, o Concello de Ames ofreceuse a cederlle os terreos anexos ao centro de saúde á Xunta de Galicia para que se acometeran as obras de ampliación pertinentes para facer posible esta reforma o antes posible e, o conselleiro comprometeuse a visitar Ames e comprobar estas eivas de primeira man.

Etiquetas

amesdenunciasanidade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.