ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Ames conmemora o Día da Muller cun acto institucional no Concello

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de marzo de 2024 a las 19:19

Compartir

 

 

 

Dende a Corporación municipal, unha Corporación feminista composta de 12 mulleres e 9 homes, comprométense a unir forzas e loitar contra a todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados. De seguido, repartiuse entre as persoas que asistiron a dito acto diverso material promocional do 8M. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón

Ames, 8 de marzo de 2024.- O Concello de Ames conmemorou este venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional na Casa do Concello, en Bertamiráns. O acto comezou coa lectura do manifesto institucional do Concello de Ames que abordou a fenda salarial entre homes e mulleres ou o desemprego que segue sendo unha cuestión de xénero. Dende a Corporación municipal, unha Corporación feminista composta de 12 mulleres e 9 homes, comprométense a unir forzas e loitar contra a todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados. De seguido, repartiuse entre as persoas que asistiron a dito acto diverso material promocional do 8M. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Casa do Concello acolleu esta mañá o acto institucional con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Primeiro deuse lectura ao manifesto institucional do Concello de Ames con motivo do 8M. O manifesto foi lido polo alcalde, Blas García; a concelleira de Igualdade, Uxía García; a concelleira do Partido Popular de Ames, Oliva Agra; a concelleira do Bloque Nacionalista Galego de Ames, Escarlata Pampín; e maila concelleira de Espazo Común de Ames, Luísa Feijóo. A continuación, repartiuse entre as persoas que asistiron a dito acto diverso material promocional do 8M.

A concelleira de Igualdade, Uxía García, salienta, segundo se recolle no manifesto municipal, que “hoxe, 8 de marzo, a Corporación do Concello de Ames, unha Corporación feminista composta de 12 mulleres e 9 homes, comprométese a unir forzas e loitar contra a todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados ou que intente frear a consecución de outros novos e reivindica: os avances acadados polo movemento feminista; a transversalidade das políticas de igualdade; a defensa dun feminismo inclusivo e interseccional; e manter a loita viva hoxe para acadar un mundo equitativo mañá”.

Actividades polo Día Internacional da Muller

As actividades polo 8M continuarán ao longo das vindeiras semanas. Proximamente anunciarase a nova data na que se vai celebrar a carreira da muller “Moitos camiños, mesma meta”, que estaba prevista para este venres 8 de marzo. A proba suspendeuse debido a que a previsión meteorolóxica apunta choiva para hoxe pola tarde. As inscricións, que son de balde, poden seguir realizándose en liña premendo nesta ligazón.

Así mesmo, dentro da programación do 8M, volveuse a poñer en marcha o programa “Mulleres en rede”, unha das actividades de maior peso no programa, xa que está dirixida especialmente a mulleres que se atopan nun estado de vulnerabilidade. Con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, estase a desenvolver dende febreiro un curso na Casa da Cultura, e estenderase ata o vindeiro 12 de abril. No obradoiro, profesionais da psicoloxía e do ámbito laboral tratan de empoderar e recuperar a autoestima das mulleres participantes, así como de buscarlles oportunidades laborais.

Charlas de autocoidados femininos

Por outra banda, ao longo de marzo impártense tres charlas de autocoidados femininos, tamén financiados polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A médica de familia, Belén Cabana, foi a encargada de impartir a primeira charla, este pasado mércores 6 de marzo. Nesta conferencia falouse sobre os tipos de augas termais ou os efectos que teñen na saúde.

O mércores 13 será a quenda da psicóloga Mónica Antelo, persoal municipal do CIM de Ames, que impartirá “Quen coida ao coidador”, mentres que o día 20, Pablo Fernández, adestrador en BJ trainers & Co presentará “Exercicios en mulleres maiores”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, os centros de primaria do concello foron convidados a realizar a “Ruta urbana circular 8M”, un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns con saída e chegada ao Pazo da Peregrina. Ten unha versión curta de aproximadamente cinco quilómetros e outra longa que se estende até os 8 quilómetros. En cada unha das zonas verdes pola que discorre a ruta, está instalado un monólito dedicado a unha muller coñecida polas súas accións a prol da igualdade, como Clara Campoamor, Concepción Arenal ou Maruja Mallo, entre outras.

Etiquetas

8Mamescomarcadia da mullerradio lider santiagosociedade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego