ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSalud

Ames celebrará as III Xornadas de Saúde Mental os días 3 e 4 de maio

Nesta ocasión versarán sobre a saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de abril de 2024 a las 20:47

Compartir

Contarán cunha mesa redonda, dúas conferencias, dous talleres prácticos e un foro, que versarán sobre temas diversos como a relación dos adolescentes coas pantallas, o benestar emocional nas aulas ou a prevención da violencia no ámbito escolar

Participar é de balde, previa inscrición

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, sinalou que “estas xornadas serven para desmitificar a saúde mental e normalizar o feito de acudir a un psicólogo para pedir axuda”

A psicóloga e coordinadora do programa CoidadosÁmente, Belén Montesa, explicou que os días e os horarios escollidos buscan facilitar a conciliación das familias

O alcalde de Ames, Blas García, anunciou que durante a mañá do venres 3 de maio, emitirase desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns un programa de radio en directo sobre as xornadas e a relevancia do coidado da saúde mental

Ames, 26 de abril de 2024.- O Concello de Ames organiza para a vindeira semana as III Xornadas de saúde mental, que nesta ocasión versarán sobre a saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo. As xornadas terán lugar os días 3 e 4 de maio, e están dirixidas ás persoas interesadas no benestar psicolóxico e a profesionais de todos os sectores. Contarán cunha mesa redonda, dúas conferencias e dous talleres prácticos. Participar é de balde, previa inscrición a través do enderezo electrónico xornada.ames@gmail.com. Ao acto de presentación asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís; e os psicólogos e coordinadores das xornadas, Belén Montesa e Juan Carlos Permuy.

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación das terceiras xornadas de saúde mental, un proxecto que deu comezo fai dous anos, coa celebración dun evento que xirou arredor do benestar emocional das crianzas e da rapazada. Nesta ocasión, a iniciativa enfócase na saúde mental infantoxuvenil no ámbito educativo.

As xornadas, que se celebrarán os días 3 e 4 de maio na Casa da Cultura de Bertamiráns, diríxense a profesionais que traballen con nenos e rapaces (persoal sanitario, de servizos sociais, equipos de prevención…) pero tamén ás familias e a todas aquelas persoas que estean interesadas no benestar psicolóxico.

A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, sinalou que “estas xornadas serven para desmitificar a saúde mental e normalizar o feito de acudir a un psicólogo para pedir axuda”. Ademais, “tamén proporcionan ferramentas para que as familias e os rapaces entendan o que lles ocorre no seu día a día”.

Na mesma liña, a psicóloga e coordinadora do programa CoidadosÁmente, Belén Montesa, subliñou que o que se busca “é dar resposta á realidade dos centros, poñendo o foco na prevención”. Así mesmo, explicou que os días e os horarios escollidos buscan facilitar a conciliación das familias.

Pola súa banda, o tamén psicólogo e coordinador do proxecto, Juan Carlos Permuy, destacou a novidade destas terceiras xornadas: a representación teatral “¿Y si te pasara a ti?», o sábado 4 de maio ás 13:00 horas.

Pechou o acto o alcalde de Ames, Blas García, que afirmou sentirse “moi satisfeito de darlle continuidade a esta iniciativa por terceiro ano consecutivo, centrándonos desta volta en responder ás necesidades transversais da comunidade educativa”. Concluiu a súa intervención anunciando que durante a mañá do venres 3 de maio, emitirase desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns un programa de radio en directo sobre as xornadas e a relevancia do coidado da saúde mental.

Programación

As III Xornadas de Saúde Mental contarán cunha mesa redonda, dúas conferencias, dous talleres prácticos e un foro, que versarán sobre temas diversos como a relación dos adolescentes coas pantallas, o benestar emocional nas aulas ou a prevención da violencia no ámbito escolar. As charlas desenvolveranse en horario de mañá, mentres que os obradoiros serán polas tardes.

O programa dará comezo o venres 3 de maio, arredor das 16:30 horas, coa apertura e a recepción da documentación. Unha vez inaugurada a xornada terá lugar o primeiro obradoiro, “Estímame, estímome, estímote”, sobre como acompañar o benestar emocional e a saúde mental nas aulas. Será impartido polo equipo do Instituto da Infancia e Adolescencia de Barcelona.

A continuación, tras unha pausa de descanso activo e aperitivo saudable, ás 19:00 horas desenvolverase o segundo obradoiro, titulado “Pantallas, móbiles e adolescencias”. Estará impartido por José Ramón Ubieto, psicólogo clínico membro da Asociación Mundial de Psicanálise e colaborador docente da Universitat Oberta de Catalunya, a Universidade de Barcelona e a Universitat Ramón Llul.

O sábado 4 de maio, as actividades desenvolveranse en horario de mañá, a partir das 9:30 horas. A primeira delas será a conferencia “Construíndo contornas escolares seguras: estratexias para previr e abordar a violencia”, impartida po Mario Izcovich, psicólogo e psicanalista membro da Asociación Mundial de Psicanálise. Arredor das 11:00 horas comezará a segunda conferencia, baixo o título “Adolescencias: do frenesí á vertixe. Como acompañar?”, que contará de novo coa presenza do psicólogo clínico José Ramón Ubieto.

Despois dunha breve pausa, a terceira edición das Xornadas de Saúde Mental pecharase coa representación teatral “¿Y si te pasara a ti?», a cargo da compañía PSIARE, unha formación que nace da unión da psicoloxía, a arte e a educación para o desenvolvemento persoal e social. Fundada en 2009 por Gabriela Lafuente e Javier Casado, busca crear espazos para poder compartir ideas, experiencias e emocións que xeran benestar físico, psíquico e emocional nas persoas participantes.

Información sobre as inscricións

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As persoas interesadas en participar nesta xornada poden inscribirse de balde, enviando un correo ao enderezo electrónico xornada.ames@gmail.com e indicando nome e apelidos, lugar de residencia, se a asistencia será presencial ou en streaming, e preferencia por un dos dous talleres de tarde simultáneos. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

Etiquetas

amesradio lider santiagosaude mental
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego