ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Ames adxudica as obras de pavimentación da rúa Pedregal por 170.000 euros

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de enero de 2024 a las 19:15

Compartir

 

 

O proxecto, incluído dentro do plan Ames Progresa 2021-2023, foi adxudicado á empresa Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa SL por un importe de 171.016,12 euros

O que se busca con este proxecto é reordenar o tráfico rodado e renovar por completo a pavimentación da rúa

Ames, 8 de xaneiro de 2024.- A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación da rúa Pedregal, en Bertamiráns. O proxecto, incluído dentro do plan Ames Progresa 2021-2023, foi adxudicado á empresa Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa SL por un importe de 171.016,12 euros.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 21 de decembro a adxudicación das obras de pavimentación da rúa Pedregal, no núcleo urbano de Bertamiráns, á empresa Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa SL, por un importe de 171.016,12 euros (IVE incluído). O que se busca con este proxecto é reordenar o tráfico rodado e renovar por completo a pavimentación da rúa.

Así, con estas obras a rúa pasará a contar cun só sentido de circulación cara a avenida da Maía, e o espazo sobrante da calzada empregarase para prazas de aparcamento en oblicuo, en substitución do actual aparcamento en liña da marxe esquerda. Tamén se procederá ó fresado de 5 cm do aglomerado actual da calzada, á demolición da beirarrúa e do bordo existentes. Ademais, na plataforma viaria disporase unha nova capa de rodaxe composta por 6 cm de mestura bituminosa en quente.

O pavimento das beirarrúas estará formado por unha capa de regularización de zahorra de 5cm de espesor medio e baldosa de formigón vibrado de dimensións 60×40 cm. e acabado granallado, sobre 10 cm de formigón HM – 20. Contará cun bordo prefabricado de formigón no contacto co estacionamento.Os vaos para vehículos ó seu paso polas beirarrúas, resolveranse cun pavimento de 20 cm de formigón impreso con malla electrosoldada e fibra de nailon son unha capa de 10 cm de zahorra. O acabado superficial impreso simulará o corte da baldosa granallada. Nos pasos de peóns disporase pavimento táctil direccional e de botóns, segundo o disposto na normativa de accesibilidade vixente.

Tamén se completa a renovación completa da sinalización horizontal. Neste apartado tamén se inclúe un novo cebreado na avenida da Maía para anular o carril central de espera que permitía o acceso á rúa Pedregal.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As actuacións completaranse co traslado dunha farola e a canalización completa da rede alumeado público.

Etiquetas

amescomarcaobras
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación