ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames acolle a inauguración das xornadas de técnicos, participantes e voluntarios de Special Olympics Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de febrero de 2025 a las 19:16

Compartir
  • O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a inauguración da décimo segunda edición das Xornadas de Técnicos/as, Voluntarios/as e Participantes que organiza a entidade Special Olympics Galicia
  • A Directora Xeral de Persoas con discapacidade, Begoña Abeijón, participou en ditas xornadas que foron inauguradas polo alcalde de Ames, Blas García
  • Con esta actividade comeza a tempada deportiva 2025 de Special Olympics Galicia, que durará ata decembro con competicións deportivas cada mes

Ames, 17 de febreiro de 2024.- O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a inauguración da décimo segunda edición das Xornadas de Técnicos/as, Voluntarios/as e Participantes, que organiza a entidade Special Olympics Galicia, coa colaboración do Concello de Ames e subvencionadas pola Conselleira de Política Social da Xunta de Galicia. A Directora Xeral de Persoas con discapacidade, Begoña Abeijón, participou en ditas xornadas que foron inauguradas polo alcalde de Ames, Blas García. Con esta actividade comeza a tempada deportiva 2025 de Special Olympics Galicia, que durará ata decembro con competicións deportivas cada mes.

Na edición XII das Xornadas de Técnicos/as, Voluntarios/as e Participantes a Directora Xeral de Persoas con discapacidade, Begoña Abeijón, destacou a importancia do deporte e o lecer para seguir avanzando na plena integración das persoas con discapacidade.

No acto de inauguración tamén interviu o alcalde de Ames, Blas García, que incidiu “na importancia que teñen as administracións para apoiar e camiñar ao lado daquelas persoas que máis o necesitan, por iso dende o Concello de Ames traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidades funcionais e das súas familias. Gracias a Eladio Fernández, presidente de Special Olympics, por confiar no noso concello para realizar estas xornadas”. Por outra banda destacou o importante traballo que se está a realizar dende a Concellaría de Benestar Social dirixida por Uxía García, que leva a cabo iniciativas referentes en Galicia como pode ser o Club da Mocidade con Diversidade de Ames.

No acto tamén estiveron presentes o xefe de servizo de fomento e xestión deportiva da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Modesto Rouco Vilar; a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado do Concello de Ames, Uxía García; o delegado reitor para o Deporte da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Rico Diaz; o presidente de Special Olympics Galicia; Eladio Fernández Pérez; a vicepresidenta primeira de Special Olympics Galicia; Carmela González Lagarón; e o xerente de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, Manel Fernández Padín.

As xornadas desenvolvéronse a través de obradoiros prácticos e relatorios sobre diversos eixos como a motivación a práctica deportiva, a interpretación e aplicación da normativa de protección de datos, as ferramentas para os adestramentos de fútbol, os controis médicos no deporte adaptado, motivación e participación no piragüismo, etc.

Estes obradoiros prácticos e relatorios foron impartidos por profesionais como Laura Adela Fernández Blanco, Equipo Confialis, Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, Sociedade Recreativa Calo e da Federación Galega de Balonmán, reunindo a un nutrido grupo de profesionais do deporte, persoal voluntario e persoas con discapacidade intelectual de 8 entidades galegas, para seguir avanzando na formación do ocio e deporte adaptado.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con esta actividade comeza a tempada deportiva 2025 de Special Olympics Galicia, que durará ata decembro con competicións deportivas cada mes, que como lembrou a Directora Xeral de Persoas con discapacidade, Begoña Abeijón, constitúen unha ferramenta chave “para impulsar a superación, reforzar a autoestima e manter lazos de amizade e compañeirismo”.

Etiquetas

amesSpecial Olympics Galicia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación