ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Ames abre a programación cultural de outubro con tres propostas teatrais

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de octubre de 2024 a las 15:51

Compartir
  • Desta volta, inclúe dous espectáculos para público adulto, “Go Home” e “Testosterona”, e un para público infantil, “Geometría del Alma”
  • Esta programación cultural terá continuidade ao longo do último trimestre do ano co festival de maxia FestiMax,  durante a última fin de semana de outubro, e co festival de cinema infantil e xuvenil, Cinema Miúdo, do 14 ao 17 de novembro

Ames, 4 de outubro de 2024.- O departamento de Cultura do Concello de Ames estrea a súa programación do último trimestre do ano con tres obras teatrais que se representarán no mes de outubro, dúas para público adulto e unha para público infantil. Todas terán lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames, e hai descontos e prezos reducidos para colectivos especiais.

Tras os meses estivais, a Concellaría de Cultura volve a poñer en marcha a súa oferta de artes escénicas para o último trimestre do ano. Desta volta, inclúe dous espectáculos para público adulto, “Go Home” e “Testosterona”, e un para público infantil, “Geometría del Alma”. As propostas para adultos enmárcanse dentro da programación da Rede Galega de Teatros, subvencionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). O espectáculo infantil forma parte do programa Camiño Escena Norte.

Esta programación cultural terá continuidade ao longo do último trimestre do ano co festival de maxia FestiMax,  durante a última fin de semana de outubro, e co festival de cinema infantil e xuvenil, Cinema Miúdo, do 14 ao 17 de novembro.

Teatro para público infantil

A primeira obra é “Geometría del alma”, de Teatro Plus, que chegará á Casa da Cultura de Bertamiráns o 18 de outubro ás 18:00 horas. Este espectáculo é unha fusión entre teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos que expresan a relación entre as formas xeométricas e o corpo humano; un corpo que tratará de dar alma á xeometría para poder comprender a xeometría da alma que está no seu interior.

Teatro para público adulto

A segunda das obras desenvolverase tamén o 18 de outubro. Trátase de “Go Home”, da compañía Etiqueta Negra, que pasará polo auditorio de Bertamiráns ás 20:30 horas. Nela cóntase a historia de David, un fanático das viaxes que xa pensa que xa viviu todas as aventuras que as axencias de turismo poden ofrecer, ata que unha sorpresa o leva a pasar unha noite en O Cebreiro. Este será o punto de partida dunha peripecia na que o protagonista experimentará emocións moi intensas. Trátase dunha peza dirixida por Tito Asorey e protagonizada por David Amor e Josito Porto que observa o mundo cara a cara, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia.

Por último, “Testosterona”, de Malasombra Produccións, chega ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 29 de novembro, ás 20:30 horas. Este espectáculo narra unha historia que comeza cando o director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto n mans dun dos seus dous subdirectores: unha é muller, o outro home. Que influirá nesta decisión? A capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa? “Testosterona” propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por razóns de sexo, pero de xeito que o público se sorprenda cun sorriso debuxado nos beizos vendo as peripecias das personaxes protagonistas.

XIX Festival internacional de Maxia

O Festival internacional de Maxia de Ames volve un ano máis cunha programación que incluirá espectáculos e obradoiros para todos os públicos durante os días 25, 26 e 27 de outubro. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames, que conta co apoio da Deputación da Coruña, incuirá iniciativas como espectáculos de maxia para bebés, maxia para os maiores ou a gala máxica internacional. Tamén se celebrarán obradoiros dirixidos a cativos e maiores.

VII Festival Cinema Miúdo

O festival internacional de cinema infantil de Ames celebrará a súa sétima edición entre o 14 e o 17 de novembro, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O certame está xestionado por terceiro ano pola entidade cultural galega Abella Producións, que desvela hoxe o cartel e temática deste ano: os pioneiros do cinema.

A temática será transversal a moitas das actividades do festival. A través de proxeccións, unha exposición e actividades interactivas, a cativada terá a oportunidade de explorar a maxia do cinema desde os seus inicios. Ao mergullarse no legado dos pioneiros da sétima arte, as nenas e nenos de Ames aprenderán sobre técnicas cinematográficas e desenvolverán un sentido de apreciación pola arte e a narrativa visual.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesculturaocio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación