ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Aitor Bouza advirte ao PP: “Santiago xa dixo que non quería un goberno de Borja Verea”

Aitor Bouza lembra que Borja Verea debe respectar a vontade da cidadanía e actuar en defensa de Compostela, tanto no Parlamento como no Concello, e advirte que o PSdeG nunca permitirá que o PP perverta o resultado electoral para chegar á Alcaldía.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de octubre de 2025 a las 15:12

Compartir

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, saíu ao paso das declaracións de Borja Verea sobre unha posible moción de censura no Concello de Santiago e advertiu que “o Partido Socialista non vai a facilitar nunca un goberno de dereitas na cidade”.

Bouza lembrou que a cidadanía xa expresou con claridade a súa vontade nas urnas: “A cidadanía de Compostela falou claro e meridiano. Dixo claramente que non quere que gobernara o señor Borja Verea”. Para o dirixente socialista, o popular é “o único que non asumiu o resultado electoral” e pretende chegar á Alcaldía “a calquera prezo a través dunha moción de censura”.

O PSdeG acusa ao PP de Santiago de querer manipular a vontade popular e advirte de que Verea carece de apoios sociais e políticos en Compostela. “Non tivo o apoio da cidadanía, senón que tampouco ten o apoio de ningunha forza política nesta cidade”, recordou Bouza, quen instou a abandonar inmediatamente “os intentos de perverter o resultado electoral que houbo nesta cidade”.

O secretario xeral das e dos socialistas composteláns tamén denunciou que estas manobras non son máis que un intento de distraer á opinión pública: “O que pretende o señor Verea, quizais, con esta manobra, é distraer realmente do que ocorre. Que é o que el vota no Parlamento, en contra, sempre, dos intereses de Compostela”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Bouza reclamou coherencia ao líder popular: “Para ter o apoio da veciñanza de Compostela, o primeiro que ten que facer é defendela alí onde lle corresponde. No Parlamento de Galicia tamén, e, por suposto, no Concello cando se plantexan as cuestións importantes para a veciñanza”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.