ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

ACOUGO celebrará en Santiago un encontro solidario para apoiar a infancia e o acollemento familiar

• O evento terá lugar o próximo 27 de maio no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela.
• A iniciativa celebrarase en datas próximas ao Día Mundial do Acollemento Familiar, que se conmemora o 31 de maio.

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de mayo de 2026 a las 13:05

Compartir

A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, organizará o próximo 27 de maio o encontro solidario “Un parrulo, moitas historias”, unha proposta pensada para desfrutar en familia e, ao mesmo tempo, apoiar os programas de infancia, adolescencia e acollemento familiar que a entidade desenvolve en Galicia.

O evento celebrarase no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, en horario de 18:00 a 20:00 horas, e contará cun programa dirixido ás familias e á infancia no que haberá merenda, contacontos, obradoiros creativos e espazos de encontro e convivencia.

A iniciativa enmárcase ademais nas datas próximas ao 31 de maio, Día Mundial do Acollemento Familiar, unha xornada dedicada a visibilizar a importancia de que nenos, nenas e adolescentes poidan medrar nun entorno familiar seguro, estable e afectivo.

Baixo o lema “Un parrulo, moitas historias”, ACOUGO busca crear un espazo de sensibilización social arredor da realidade do acollemento familiar, promovendo tamén a participación cidadá e o compromiso colectivo coa infancia.

Toda a recadación do evento destinarase integramente aos programas de apoio á infancia, adolescencia e acollemento familiar que a entidade desenvolve en Galicia.

As persoas interesadas poden adquirir as entradas e colaborar tamén a través da fila 0 na seguinte ligazón: https://www.tomaticket.es/index.php?accion=evento&IdEvento=961090

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

ACOUGO anima ás familias, entidades e cidadanía a sumarse a esta iniciativa solidaria que pretende converter unha tarde de encontro nunha oportunidade para seguir construíndo redes de apoio arredor da infancia.

Etiquetas

acollemento familaracougo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.